Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Iago Toba, novo presidente da CMAT

O alcalde socialista muxián Iago Toba, novo presidente do CMAT
O alcalde socialista muxián Iago Toba, novo presidente do CMAT
Iago Toba, novo presidente da CMAT

A CMAT, o ente xestor do xeodestino Costa de Morte, tivo esta semana unha nova asemblea para renovar a súa Xunta Directiva, tralo periodo de dous anos baixo a presidencia de Juan Blanco, alcalde de Mazaricos. Será Iago Toba, recentemente elixido alcalde de Muxía, o sucesor, nunha xunta na que tamén estarán como vicepresidente José Manuel López Varela, alcalde de A Laracha; como Secretario Pablo Canosa Quintáns, presidente de APTCM; e como tesoureiro Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas.

Ademais, Silvia Bouzas, secretaria de APTCM; Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso; e José Luis Pérez Añón, alcalde de Laxe, serán vogais.

A Xunta Xeral cumpriu outros puntos do día, coma a presentación das contas do exercicio 2018 e as actividades a desenvolver neste período 2019 grazas as axudas da Deputación da Coruña e as de Turismo de Galicia.

O alcalde de Mazaricos, despediuse da presidencia cunhas emotivas palabras e un gran recoñecemento do traballo realizado nos últimos anos, sobre todo das persoas que están detrás deste traballo de coordinación e promoción do xeodestino.

Foto reunión Xunta Directiva CMAT 2019

Novas relacionadas

Comentarios