venres. 06.12.2024
El tiempo

Íntegro reforza o programa de empregabilidade das mulleres con disCapacidade

Íntegro reforza o programa de empregabilidade das mulleres con disCapacidade
PIMD rural integro PIMD rural integro Nos vindeiros meses, o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional - PIMD - Rural de Íntegro desenvolverá unha nova iniciativa centrada nas posibilidades persoais e profesionais das mulleres, sempre co obxectivo da inserción laboral. Con esta actividade, xunto cos cursos que se están a impartir este verán en varios concellos de Bergantiños, Íntegro reforza o seu programa de mellora da empregabilidade das mulleres con disCapacidade. O primeiro grupo traballará durante o mes de agosto - luns e xoves, de 10 a 13 horas - no centro de recursos de Íntegro, en Nantón, Cabana. En setembro crearanse grupos en Laxe, Malpica, Ponteceso e Cabana. Terán preferencia as mulleres con disCapacidade. Esta é un programa dirixido a mulleres do ámbito rural que busquen unha oportunidade laboral. Na formación abordarase como mellorar as habilidades oucomo sentirse máis capaz de enfrontarse a unha entrevista ou desenvolver unha idea profesional. Tamén se traballará a oferta e demanda de emprego na contorna, o currículum, o desenvolvemento de ideas e posibilidades de emprego, a busca directa e indirecta, o asesoramento en recursos… Os grupos de traballo serán reducidos, cun máximo de seis mulleres. As interesadas en participar poden obter información nos teléfonos 981 734 985, 650 961 649 ou no correo electrónico [email protected]. Novas relacionadas

Comentarios