Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel
09:35 02/02/16
Na capital da República Arxentina desembarcaron máis de medio millón de emigrantes galegos que atoparon nas beiras do Río da Prata un acolledor lugar onde construír un niño ao abeiro de vellas tempestades. Cruzaron o mar empurrados a afastarse do seu verde paraíso atlántico de castaños e carballos. A alegría chegoulles cando viron que no sur podían criar, educar e deixar algo en herdanza aos descendentes. Os nosos emigrantes labran o seu futuro con suor honrado.
Unha familia emigrante foi a que recibiu na súa casa porteña a Carlos Gardel [Carlos Escayola Oliva] un 12 de xaneiro de 1920. Os Martínez del Valle vivían na rúa Sarmiento entre Carlos Pellegrini e Esmeralda. Tiñan dúas fillas, Isabel e Concepción. Hai varias versión sobre quen era o acompañante de Gardel cando coñeceu a Isabel na esquina de Sarmiento e Pellegrini. Foi Isabel –falecida en 1990-- a que manifestou nunha entrevista que se trataba dun secretario de Gardel que ademais era medio parente seu. Coido que podería ser Xosé Vázquez Vigo, músico e compositor nacido en Ferrol ao que Gardel lle gravou dúas cancións, Nena e Mariflor, en 1929.
A comezos do ano 1932 Gardel estaba de xira por Europa pero tamén a súa noiva Isabel andaba polo norte. Isabel estudaba canto en Milán. A investigadora arxentina Gaudalupe Rosa Aballe analiza estes anos de relación amorosa utilizando unha valiosa documentación epistolar propiedade do coleccionista Hamlet Peluso. Son unha serie de cartas con información de primeira man. Deste xeito é que podemos saber que Isabel estivo en Lugo na compaña da súa nai para visitar a avoa que estaba enferma. Alóxaronse no coñecido hotel Méndez Núñez do que era propietario un sobriño da nai de Isabel.
Desde o hotel enviou un telegrama a Carlos Gardel para informarlle do estado de saúde da avoa que nuns días ía cumprir 82 anos. Logo, escribiulle unha carta onde se desculpaba dos seus pedimentos de cartos. O seu comentario non ofrece dúbidas: es una pobre viejita que no la veré más, ya ves la edad y la enfermedad que tiene, vos sabés que si fuera para pasear estáte seguro que tu gorda no te pediría un centavo. Isabel desexaba atoparse co seu mozo xa que despois de 12 anos de relación era moi pouco o tempo que partillaban polos moitos compromisos artísticos do moi famoso cantor.
Na súa última carta desde Lugo quéixase con resignación da súa relación: ya ves, estamos tan cerca y nos vemos cada año. Nos primeiros días de abril atópanse en Milán. A investigadora Aballe amósase bastante crítica coa actitude de Isabel con referencia ao tema dos cartos que lle pedía a Gardel. Creo sinceramente que Isabel era bastante comedida ou sensata nas súas solicitudes. Hai que comprender a súa preocupación xa que o romance íase estendendo e non se falaba de casamento.
Non acepto a imaxe negativa que quere trasmitir Armando Defino (o inmoral amigo que inventou a farsa do testamento ológrafo para apropiarse da herdanza de Gardel) que desprezaba a Isabel. Nun libro moi cativo que non merece ser citado escribiu: Atado a lo que creyó un gran amor y que no le dio el descanso espiritual anhelado, le resultaba difícil deshacerse de esa mujer. Non hai que ser un grande observador para afirmar que Gardel estaba namorado de Isabel. É evidente que non estaba atado nin era masoquista para sufrir durante máis dunha ducia de anos. Gardel era unha persoa fondamente xenerosa que axudaba a moita xente.
Teño a certeza de que pensaba casar con Isabel para ter a familia que nunca tivo. O seu pasado de fillo non recoñecido do tacuaremboense coronel Escayola foi o que o levou a buscar unha familia onde acubillarse. Gardel non quería unha moza do mundo artístico. Namorouse dunha filla da emigración galega e gozaba cos contos de aquelas persoas que cruzaron o mar na busca de novos horizontes. Para confirmar a súa xenerosidade quero informar que don Carlos deixou de propina, ao camareiro que o atendeu en Vigo no ano 1923, a cantidade de 200 pesetas. Supoño que escoitar a Isabel dicindo Querido Carlitos non tiña prezo.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
- Para máis información sobre Vázquez Vigo pódese consultar “A emigración galega no tango riopratense” da miña autoría.
- Artigo publicado na revista “Todo es historia” [Nº 431, xuño de 2003].
- A avoa lucense nacera o 21 de febreiro de 1850 e levaba 20 anos sen ver a súa filla emigrante.
- A carta é do 25 de febreiro de 1932.
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- As cartas do avó Pascasio A xenerosidade do votante macrista.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).