Libros, cine e verbenas na #AxendaCostadaMorte

Con resaca de San Cristovo, a Costa da Morte afronta esta segunda fin de semana de xullo cargada de cousas que facer. As verbenas toman o protagonismo, e deixan un espazo para as propostas de cine de verán de varios concellos. Pero a gran aposta cultural celébrase en Carballo, coa monumental Praza dos Libros, un evento que achega mareas de cultura para todos os públicos durante estes catro días.
Ademais, luns e martes arrincan as Festas do Carme coas máxicas procesións marítimas en Corcubión, Camariñas, Corme e Muros.
Parte de Meteogalicia
Teremos unha boa fin de semana para ir á praia, sobre todo canto máis ao sur da bisbarra, pois este venres haberá un aumento de temperatura. Teremos un tempo tranquilo con alternacias de nubes e claros, sobre todo con algunhas nubes baixas que poderán sair pola mañá e ao anoitecer. Si que é certo que na noite do venres ao sábado poderá caer algún chuvasco no interior xalleiro. No mar non haberá ningunha incidencia se ben é certo que soprará algo de vento do nordés de sábado a domingo.
A praza dos Libros
A Praza dos Libros de Carballo abre xa na mañá do xoves no Xardín Municipal e traerá mareas de cultura durante toda a fin de semana. De 11:00h a 14:00h e de 18:00 a 22:00h haberá actividades para todos os públicos.
Festas de fin de semana
- O San Cristovo de Carnés aínda ten a última parada este venres con El Combo.
- Festas de San Cristovo de Cerqueda, Malpica, de venres a domingo.
- Festas de Soesto, en Laxe, de venres a domingo.
- Festas do Carme de Torea, Muros, o sábado e domingo.
- O sábado e o domingo xa dá comezo a parte verbenira das Festas do Carme de Corcubión, que terán o cumio o martes ca Procesión marítima.
Outras citas singulares
- A noite do venres ten unha cita especial en Cabana, coa visita nocturna guiada no Dolmen de Dombate.
- A Ofisina, na rúa da Pena de Cee, acolle o venres un concerto de gospel e Blues.
- A noite do venres, Fisterra abre o seu ciclo de cine de verán.
- O sábado pola tarde, hai inauguración dunha exposición na Casa das Peritas, en Mallas, Fisterra.
- Cine de verán na noite sabatina de Muxía.
- Durante toda a xornada do sábado, e a mañá do domingo, celebraráse o XI Encontro Monte Pindo, con saídas por terra e por mar, degustacións…
Domingo, luns e martes de Carme
- Procesión marítima nas Festas do Carme de Corcubión 2019.
- Festas do Carme de Camariñas.
- Festas do Carme de Corme.
- Festas do Carme de Zas.
- Festas do Carme de Muros 2019.
EXPOSICIÓNS
- As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
- Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
- O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30. - Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".