Os luns volven as mobilizacións dos traballador@s de Ferroatlántica

Coas fábricas ao 30% da súa capacidade de fabricación, non queda outra que seguir protestando, para intentar revertir un camiño que parece marcado dende hai meses cara a desaparición. Ademais de esixirlle á Xunta unha reunión a tres bandas canto antes, os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica decidiron durante as asembleas celebradas onte, retomar as mobilizacións.
Acordaron un novo calendario de mobilizacións, xon concentracións¡ diante das instalacións de Brens en luns alternos. A primeira protesta será o luns 17 ás 17:15 horas, a seguinte o luns 2 de marzo, e así sucesivamente.
Mobilizacións para seguir reclamando o arranque inmediato do forno 13, retomar a produción normal no resto dos fornos e instar a Xunta a que convoque unha reunión a tres bandas (empresa, comité e administración) na que demandar o plan de viabilidade e que se clarifiquen os termos do contrato de venda.
Documentos
Ademais, o comité tamén remitiu hoxe un escrito (xa enviado varias veces) a Augas de Galicia para que informe de todos os procesos administrativos que puidera ter aberto a raíz da operación de venda que Ferroatlántica acordou con TPG-Ithaka.
Os traballadores tamén lle piden a Augas a copia da solicitude do requerimento da administración á empresa do Plan de Viabilidade, unha vez que a Consellería de Industria aseguraba na reunión celebrada o pasado 11 de febreiro, que si lle requerira ese documento, despois de comunicarse a cancelación do leasing das centrais e o cambio de propiedade.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- Febreiro 2020: As fábricas de Ferroatlántica están ao 30% da súa capacidade de fabricación.
- 02-02-2020: Unha nova concentración baixo a auga con triple obxectivo.
- Xaneiro 2020: 17 novos despedimentos caldean o amibiente para a nova concentración dos traballadores de Ferroatlántica.
- Xaneiro 2020: Os Traballadores de Ferroatlántica volven á rúa este venres.
- Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs.
- Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción.
- Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas.
- Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH.
- 17-10-19: A Xunta recoñece que Ferroatlántica si ten que presentar un plan de viabilidade como lle viña esixindo a CIG.
- 09-10-19: Ferroatlántica: Un novo martes ás portas do Concello de Cee.
- 02-10-19: A Xunta sobre Ferroatlántica: “O único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións”.