#CORONAVIRUS
Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra
- 12-03-2020: A receita contra o Coronavirus: coherencia e responsabilidade.
- Aprazada a Mostra Víndemo Ver de Carnota.
Trala primeira avalancha de cancelacións, as medidas de contención, este xoves 12 de marzo chegou o anuncio da Xunta do peche de todos os centros educativos a partir deste vindeiro luns e durante dúas semanas. En todo caso, o presidente Alberto Núñez Feijoo pedía ás familias que intenten non levar aos fillos e fillas a clase xa este venres.
A Xunta decretou ademais o peche de todos os centros comunitarios desde este venres e suspendeu todas as actividades lectivas e extraescolares para os próximos 14 días. Así mesmo limita as concentracións en espazos pechados a un máximo de 50 persoas.
Feijoo non suspendeu aínda as eleccións do vindeiro 5 de abril, deixando no aire que "só se celebrarán se hai garantía de que os membros das mesas e os electores poden estar e votar".
A suspensión das clases será durante 14 días, en todas as etapas educativas, coa opción de que os alumnos non vaian a clase a partir de mañá https://t.co/e1fsuvKwzN pic.twitter.com/U0Y6sePTFu
— G24 (@G24Noticias) March 12, 2020
Cancelada a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas
A alcaldesa, Sandra Insua, anunciou a cancelación da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se ía a celebrar do 8 ao 12 de abril, en plena Semana Santa. Deste xeito, “a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase no ano 2021 ante a imposibilidade de atopar a estas alturas datas dispoñibles para poder realizar o evento con todas as garantías” e tamén garantiu que “traballaremos conxuntamente entre todos para atopar solucións que mitiguen o impacto que suporá esta triste cancelación”.
Cancelada a Mostra Víndemo Ver
A cita de Semana Santa de Carnota tamén queda aprazada.
Suspensión de actividades e peche de edificios municipais en Carballo
Ante a crise sanitaria, o Concello de Carballo vén de suspender a partir do venres 13 de marzo todas as actividades educativas (Conservatorio Profesional de Música, Escola Oficial de Idiomas, Horto Infantil Ecolóxico Municipal); os cursos de formación que se imparten no Fórum Carballo; as actividades deportivas, ambientais e sociais; os eventos como o Festival Interplay ou o Carballo por Etapas; o peche do Pazo da Cultura, as bibliotecas, a ludoteca, o Museo de Bergantiños e os centros sociais das parroquias.
A Gala dos María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, apraza a gala de entrega dos premios, que estaba prevista celebrarse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 26 de marzo, así como as actividades paralelas previstas. Unha cita que ten 5 nominacións costeiras.Campionato de Pesca do Vilán
Queda posposto o Campionato de Pesca "Cabo Vilán " de Camariñas.
Ruta das pegadas de Caban
o Concello de Cabana de Bergantiños cancela a ruta 'As pegadas da historia nas beiras do Anllóns' prevista para o sábado 14 de marzo.
Xantar da Milagrosa
A ACD Milagrosa retrasa o seu xantar previsto para o día 14.
Medidas de prevención
Novas relacionadas
- 11-03-2020: Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus.
- 11-03-2020: O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO.
- 09-03-2020: Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba.