Manifestación en Carballo polas Preferentes
11:06 04/09/13
A plataforma de Carballo de afectados polas Preferentes de Carballo, ven de comunicar unha nova manifestación para este xoves dia 5 de setembro é das sucesivas manifestacións que se seguirán organizando todos os xoves dende as 10:00 da mañá ata as 13:00h. A marcha irá percorrendo todas as oficinas de NCG que son 3, as que se encontran neste Municipio Carballés é tamén a de Caixa Nova situada na calle Desiderio Varela. Nesta manifestación esperan ter a presenza da Coordinadora da plataforma da Coruña Ana Cedeira.
Carballo que é unha das localidades mais afectadas por este tipo de productos financeiros segue loitando polos seus dereitos e o seus intereses financeiros, de ahí que convoquen para mañá Xoves dia 5 as 10:00 da mañá a todos os afectados para que asistan a Manifestación en Carballo.