Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
08:21 12/05/16
A limpeza centrarase no refugallo plástico miúdo presente nas distintas liñas das mareas
A praia das Salseiras de Caión será a próxima parada dos membros da asociación ecoloxista Mar de Fábula - e todos aqueles voluntarios que se queiran sumar - co fin de retirar o refugallo plástico ao longo das diferentes liñas da marea. A limpeza da praia das Salseiras de Caión será o vindeiro domingo - 15 de maio - ás 11 horas e contarán co sorporte loxístico que achega o concello da Laracha.
"En primeiro lugar e o máis rechamante, serán os bastonciños de algodón que, polos efectos combinados da climatoloxía e as correntes mariñas, deposítanse por centenares, unha e outra vez, nas area desta praia", sinalan dende Mar de Fábula. Outro contaminante característico desta enseada, son os anaquiños de plástico multicor en todas as súas fases de degradación, chegando a tamaños tan pequenos coma os microplásticos dos pellets de resina, presentes tamén de maneira masiva, mesturados entre os argazos.
Será pois, unha limpeza en detalle e con paciencia , diferente a outras e tendo a oportunidade de reflexionar sobre a procedencia de toda esta "miuda fauna plástica" que está a envelenar o mar.
Os bastoncinos de algodon e os microplasticos contaminan os areais
Novas relacionadas
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula