Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un maratón de creación de contidos en galego na rede dende A Lobeira

Maraton contidos A Lobeira Today
Un maratón de creación de contidos en galego na rede dende A Lobeira

As canles de Twicht e YouTube da Lobeira Today, unha das comunidades galegas máis activas na rede, prepáaranse xa para o 1º Maratón de creación de contidos en galego. Estes vindeiros venres 17 (dende as 11:40h) e sábado 18 de xuño (áta ás 12:20h), Fran da Lobeira e a nosa famosa carballesa Eva Patiño coordinarán 24 horas en vivo creando para encher a rede da nosa lingua.

Aberto a todo o que queira pasarse, está confirmada a presenza de xentes internáuticas como @OrgulloGalego, Alkaine (@alkaine_twicht), Andy Chichister (@chibarinclub) Atlantics (@A_AtlanTICs), Anxo Sánchez (@sanchezanxo), Carlos Callón (@carloscallon), Carlos Vieito (@comumola), Daviz Paz (@Madialevo), Cris Terceiro (@CrisTerceiro), Diego (@dieguitoocr), Eva Patiño (@Eva_Patinho), Fedello (@clankirfed), Francisco Cela (@leninmola) Gurrucho de Vozcast (@gurruchovozcast), Melodi (@LuzdeTea), MiMadriñaLondon (@LondonMadrina), Moises Pombo (@mpombo), Pilar Ponte (@aprofa), Podgalego (@podgalego), Sandra (@dietistarealist), e Sofía Naseiro (@Kinocube).

A Lobeira terá agasallos para os que pasen a crear da A Costureira con algúns productos deseñados polo pintor Leandro Lamas, Aí Falaches!, As Lolas da Cascarilla, As Maruxas de Nata, Bico de Xeado, a tenda Cousalinda, Galletas Mariñeiras Daveiga, un lote de produtos da Horta da Avoa María, un desconto no estudio ferrolán de tatuaxes Ink the feelings, Librería Brétema de San Sadurniño, o Ferreiro de Valdoviño, Rei Zentolo, Xoiaria Alameda, novidades de Galaxia Editorial e un exemplar do último libro de Carlos Callón, O libro negro da lingua galega.

Novas relacionadas

Comentarios