Domingo. 07.06.2020
El tiempo

En marcha un movemento solidario para encher a Costa da Morte de mascarillas con filtro reutilizables

Mascarillas con filtro reutilizables na Costa da Morte
Mascarillas con filtro reutilizables na Costa da Morte
En marcha un movemento solidario para encher a Costa da Morte de mascarillas con filtro reutilizables

Son estupendas esas iniciativas solidarias como a creación milleiros de mascarillas caseiras de tela de uso non sanitario, ou a doazón de 1.000 batas de protección homologadas que XEAL fixo ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Máis aínda o é o movemento que están lanzando unha serie de empresarios, que comezaron xa a vertebrar a Costa da Morte con mascarillas con filtros reutilizables.

Toda unha rede de empresas, forzas de seguridade e mulleres tecedoras xa están en marcha para encher de mascarillas a comarca. Dende Fisterra e Cee ata Santa Comba, varias casas comercias e varias mulleres (digna de ver é unha señora de Torelo, Vimianzo, Amelia Vidal Miñones, de 73 facendo 80 mascarillas diarias) teñen xa unha pequena estrutura montada e xa alcanzan a 2.000 mascarillas, e xa andan repartíndoas gracias á colaboración de Protección Civil.

Amelia Vidal Miñones de Torelo

Todo comezaba a raíz da necesidade de varios familiares de Javier Fidalgo, de Cubiertas Fidalgo en Cee, e de Paco García, da estación de serivoz Cabreira de Santa Comba, que traballan en centros hospitalarios. A maquinaria solidaria púxose a traballar coa colaboración de Alberto Romar, de Silvia Bouzas, Pedro Lema de Protección Civil de Cee, e de Patricia Pérez do 061 de Cee, ademais dunha marea de mulleres anónimas que se deixan os dedos nas súas casas nunha cadea de montaxe histórica.

Vendo que as mascarillas de tela, unha vez que empapan acaban cuspindo para fóra, e non poden ser utilizadas en centros sanitarios, Javier Fidalgo púxose a buscar conseguiu mercar uns filtros moi tupidos, de moi boa calidade para facer as mascarillas. A través dun compañeiro do BNI, abríu a colaboración ata Santa Comba, para expandir o movemento.
Por exemplo, na casa de Paco García xa se fan 10 mascarillas á hora coa máquina de coser industrial que teñen.

O proceso non é doado, e os filtros hai que desinfectadalos, meténdoos a 40º, e botándolles un líquido, ademais de metelas nas bolsas de plástico. Despois do uso, con lavalas con lixivia ou con moito xabón chegaría para desinfectalas de novo. Por iso, se ben buscan xente para colaborar, tamén cómpre ter moita responsabilidade á hora de repartilos.

Xa tiveron chamadas do Concello de Zas e esperan que sexan máis os concellos que intenten colaborar. “Ogallá outros concellos se puxeran a facelo”, explica Paco García, que está “máis contento que Dios” por poder colaborar activamente con esta crise. “A xente é solidaria, e a xente pórtase de 10. Poñerse unha muller 10 horas enriba da máquina, e que poida servir e darlle a todo dios é unha satisfacción enorme”, relata. “Onte estiven repartindo xa unhas que tiña na estación de servizo e o que o agradece a xente, e a xente das aldeas é espectacular”, conta.

Novas relacionadas

comentarios