Mércores. 25.11.2020
El tiempo

En marcha o Programa de Apoio a empresas do sector primario da Fundación Juana de Vega

¡
¡
En marcha o Programa de Apoio a empresas do sector primario da Fundación Juana de Vega

Tocaranos falar co presidente da Fundación Juana de Vega, o cabanés Jose Manuel Andrade, para coñecer de primeira man o traballo da entidade co eido empresarial do sector primario do país. Pero hoxe toca dar conta das axudas que volve abrir, por 9º ano, a Fundación, no marco do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.

A Fundación quere dar o seu apoio a apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego.

Este ano, co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades provocadas pola situación da COVID-19, a Fundación ampliou o programa acollendo ademais de emprendedores, autónomos e MicroPEMES, a PEMES de certo volume que queiran poñer en marcha novos proxectos estratéxicos ou que precisen de reformas internas.

O programa estrutúrase en 2 modalidades:

  • EMPRENDEMENTO: axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas de negocio, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.
  • CRECEMENTO e CONSOLIDACIÓN: axudar ás empresas existentes (autónomos, MicroPEMES e PEMES) a desenvolver e/ou consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante a titorización na toma de decisións en todas as áreas do negocio.

Para solicitar

Os emprendedores e empresas interesadas terán ata o 30 de novembro para presentar as súas propostas. A inscrición para participar no proceso de selección está dispoñible en la web: programa.juanadevega.org.

comentarios