En marcha o VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil
- O prazo de presentación de maquetas rematará o 15 de marzo de 2023

Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle.
Hai dúas categorías
- Categoría A (Infantil), ata 12 anos
- Categoría B (Xuvenil), de 13 a 16 anos
E hai varios premios, dende a gravación da maqueta en estudio profesional e a gravación dun videoclip, a un premio de 1.500 euros en material musical ou produtos culturais en galego.
Inscrición
O prazo de presentación de maquetas rematará o 15 de marzo de 2023
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). As bases están publicadas no BOP do 14 de decembro e pódense consultar e descargar na web www.querocantar.gal e tamén na seguinte ligazón: https://bit.ly/3FXATI6.