Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Monbús: "Foi un caso puntual"

Monbús: "Foi un caso puntual"
Un dos autobuses de Monbús aparcado na estación de Cee

Onte falábamos con Ana Lourido que denunciaba que o seu fillo quedara en terra para ir de Fisterra a Cee porque o bus xa non paraba na vila da Xunqueira se había moitos peregrinos. Recibimos inmediatamente a chamada dun dos responsables da empresa afectada pola denuncia, Monbús, que nos explica a súa visión dos feitos.

Rama, ademais de sinalar que "a versión non é correcta", destaca que "o bus das 8:20h non é para escolares, é unha liña regular". E vai máis alá asegurando que o de deixar ao alumno en terra "foi un día puntual, iso case nunca pasa, só un 2% das veces".

Rama considera que "se hai moita xente, e non se dá levado toda, é normal que prevalezan as viaxes a Santiago", pero quere deixar claro que "non é que non queremos levar a xente de Cee, nin moito menos, que nós vivimos de esto, e facémolo o mellor que podemos, ogallá houbera máis viaxeiros, que para nós, viaxeiros en terra son menos cartos para o caixón".

Ademais, sinalou que "eses días que queda xente en Fisterra, envíase outro bus aos 10 minutos para levar a xente a Cee", malia que Ana Lourido nos apuntase que ese día o bus de reforzo chegara ás 11:00h, 2 horas e media máis tarde.

Liñas non rentables

Rama, natural de Muros, recoñece que tamén hai que ter en conta a rendibilidade das liñas. Rama apunta "a estas alturas as liñas da Costa da Morte non son rentables. Cando eu viaxaba a Santiago dende Muros estaban os buses cheos, pero agora na zona hai a metade de poboación que antes e o doble de coches, e non queda máis remedio que reducir liñas".

Esta política de redución de liñas é algo co que, dende logo non estamos dacordo en QPC, se non que canta máis necesidade de recuperar o transporte colectivo máis oferta ten que haber, pero neste caso non son as empresas privadas as responsables, pois en teoría falamos do servizo transporte público. Aí serían as administracións as que terían que esixir uns mínimos moito máis ambiciosos, pero a realidade é que as empresas, a día de hoxe, cumpren de sobra os mínimos que pide a Xunta. Por iso sempre falamos de "servizo de transporte colectivo", que xa non público.

Para Rama, 6 liñas de Cee a Santiago (5 dende Fisterra) durante todo o ano significa que "a zona xa está bastante ben servida".

Novas relacionadas

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios