Martes. 26.01.2021
El tiempo

Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19

Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19

Para David Crowe, in memoriam (1956-2020).

“Non estou aceptando as cousas que non podo cambiar,
estou cambiando as cousas que non podo aceptar”
.
Angela Davis

“En tempos de engano universal, dicir a verdade convértese nun acto revolucionario”.
George Orwell.

“Se non cremos na liberdade de expresión de aqueles que desprezamos,
non cremos nela en absoluto”.

Noam Chomsky.

A MODO DE INTRODUCCIÓN: O MEDO É A MENSAXE

Case con absoluta certeza, a humanidade está vivindo a máis grotesca e absurda campaña de terrorismo mediático e de propaganda política de toda a historia contemporánea. Os medios de comunicación hexemónicos e dominantes, ó servizo da todapoderosa, multiparticipada e corrupta industria farmacéutica global, escolleron por enésima vez, como nas anteriores falsas pandemias (gripe aviar H1N5, gripe porcina H1N1) o medo como mecanismo de control social (1).

Mediante a actual campaña de medo, a elite do poder maximiza a confusión e a desinformación e minimiza a seguridade e a protección social. Como toda crise, xa sexa real ou inventada, a plutocracia rentabilízaa para a máxima obtención de multibillonarios beneficios económicos e financeiros, ó tempo que se lle presenta como oportunidade de reestruturación da orde económica internacional para continuar concentrando máis poder e acumulando a riqueza do Mundo.

O medo é a emoción máis humana que aparece como reacción natural ante unha ameaza ou perigo real ou aparente. Cando é sostido e agravado no tempo, pola incertidume do risco, ese estado emocional desenboca nun estado de shock ou conmoción. Se extrapolamos a experiencia persoal á toda a unha poboación no contexto dunha pandemia dun “virus novo, letal e altamente contaxioso”, a sociedade entra nun estado de shock colectivo. O shock é un estado de perturbación mental de desorientación e suspensión da vontade, no que as persoas non pensan con claridade e se volven manipulables. O capitalismo neoliberal é sabedor de este feito empírico e se acreditará nas seguintes páxinas.

Pero que está ocorrendo en realidade? Está o Mundo realmente confrontando a pandemia dun virus novo e tan contaxioso como aseveran os adoutrinadores mediáticos e os serviles gobernos? Trátase dunha pandemia ou unha “casemia”? Por que a administración Sánchez, que se enche a boca con palabras como solidariedade e transparencia, o seu gabinete nove meses despois de decretar o estado de alarma pola emerxencia sanitaria global de Covid-19, aínda non publicou o primeiro informe científico que respalde as medidas restrictivas adoptadas durante toda a “pandemia”? Acaso quédalle algo de lexitimidade a un goberno que usou a mentira cinicamente como forma de relacionarse ca cidadanía cando afirmou que estaba sendo asesorado por un “Comité de Sabios e Expertos”? (2). Por que debería a cidadanía crer a un goberno hipócrita sobre a necesidade ou pertinencia da vacina para a suposta nova enfermidade?

Son moitos os elementos definidores e constitutivos dun real e efectivo estado social e democrático de dereito, pero algúns dos máis representativos e fundamentais son a liberdade de expresión, o dereito á disensión e ó cuestionamento, así como a refutación científica e o debate público. Como se explicará a continuación, a xestión política desta suposta pandemia tamén conduciu ó cuprimento dun dos principios rectores de actuación dos “Amos da Humanidade”: reducir a democracia (3).

“A GRAN ESTAFA” DA PANDEMIA DO COVID-19: BIG PHARMA, CORRUPCIÓN E A COOPTACIÓN DA CIENCIA

A corrupción e a criminalidade son dous denominadores comúns a toda a poderosa industria farmacéutica mundial, que non dubida á hora de colocar os seus produtos no mercado, en perpetrar calquera tipo de delito. Dentro só seu longo historial criminal, a fraude, o ocultamento de información, obstrución á xustiza, compra de “profesionais sanitarios”, a manipulación de datos nos resultados dos ensaios clínicos, ameazas, coacción e os subornos son algúns dos delitos que configuran o seu modus operandi neste sector estratéxico da economía global, a cal, obtén uns beneficios anuais astronómicos. É o terceiro sector da economía mundial, despois da industria armamentística e o narcotráfico (4). En definitiva, o seu comportamento empresarial é moi semellante ó da mafia.

“Na actualidade, o corpo de evidencias é demasiado contundente e o impacto da corrupción é altísimo como para desestimalo. Tanto nos países ricos como nos países pobres de todo o Mundo, a corrupción arruína vidas.” (5). Este extracto do Informe Global de Corrupción de 2006 de Transparency International, resume o estado de corrupción no que se atopaban os estados de saúde no planeta en 2006 e o terrorífico dano que lle causa ás persoas. Catorce anos despois da publicación deste informe que supuxo un punto de inflexión na avaliación e seguimento da corrupción no ámbito da sanidade pública, pódese afirmar que moi lonxe de revertirse a situación, a corrupción e e o poder corruptor do sector farmacolóxico estendéronse a tódolos niveis da administración pública, da ciencia médica e dos centros de produción científica e investigación clínica. Todo o sistema está corrompido.

Pode dar a impresión por exemplo, que en España as actividades de promoción do Big Pharma (as grandes corporacións farmacéuticas transnacionais) son responsables e éticas, que se rixen polo rigor científico e informativo, e nunca promoven o uso de fármacos en indicacións non probadas e autorizadas. Pero non é así. É tan só un espellismo da publicidade farmacolóxica. Unha falsa imaxe proxectada e fabricada dende os departamentos de márketing das empresas farmacéuticas. De feito, “España é un paraíso para a industria”, (6) como afirma o profesor Joan-Ramón Laporte, profesor de Terapéutica e Farmacoloxía Clínica da Universitat Autónoma de Barcelona.

Sociedades científicas, comités redactores de guías de práctica clínica, centros de investigación científica y académica, departamentos universitarios, facultades, universidades, personal sanitario, publicacións e revistas científicas, directores de hospitales tanto públicos como privados, ministros e funcionarios públicos, etc. Ninguén se libra da influencia das farmacéuticas. A súa rede de corrupción é omnímoda e ubicua. E esta alarmante e inmoral situación é o resultado da falta de regulación das relacións entre a industria e as organizacións médicas, os/as facultativos/as e a clase política, así como a alta susceptibilidade á aceptación de subornos, onde se acaba “normalizando” a práctica de corrupción.

Pharmaggedon

A existencia dun intrincado entramado de corrupción propia da mafia, de aí que moitas personalidades especialistas neste campo falen de “farmafia”, a corroboran voces tan autorizadas como algúns/algunhas doutores/as e directores/as de revistas científicas de prestixio internacional, como Jerome Kassirer e Marcia Angell de The New England Journal of Medicine ou o Dr. Richard Smith e exdirector do British Medical Journal, quen ten varios libros publicados sobre este grave problema enquistado no ámbito da ciencia e a medicina. Incluso a actual editora xefe do British Medical Journal Fiona Godlee, ten denunciado a excesiva influencia corruptora do sector que compromete a liberdade científica e a independencia na investigación clínica, así como a necesidade urxente dunha maior transparencia no marco destas inadmisibles interconexións e de evidencias científicas confiables (7).

Un exemplo moi ilustrador do alcance da corrupción e o fraude das grandes farmacéuticas é sen dúbida o campeón da carreira a contrarreloxo na obtención da “panacea” para a “enfermidade” do covid-19: Pfzier e a súa vacina. A farmacéutica, polos seus antecedentes penais e comisión de delitos, podería considerarse como “Il capo di mafia” do suborno para a prescrición de medicamentos ata 8 veces máis caros que os dispoñibles no mercado estadounidense. É responsable de crimes que costaron a vida a miles de pacientes pola comercialización de fármacos para indicacións non probadas de múltiples enfermidades. O delito que se coñece como promoción ilegal dun produto farmacéutico. Cométese cando o anuncio publicitario non se correspode co medicamento aprobado pola axencia de regulación (FDA, Food and Drug Administration) para o uso indicado. Esta empresa farmacéutica é a corporación que pactou o maior acordo xudicial por fraude no ámbito sanitario co Departamento de Xustiza de EE.UU.: 2.300 millóns de dólares (8).

Despois de este caso, Pfizer firmou un Acordo de Integridade Corporativa (Corporate Integrity Agreement) co Departamento de Sanidade de EE.UU. polo que se comprometía a actuar correctamente durante os seguintes cinco anos. Pfizer xa firmara outros tres acordos similares, polo que a vez que se comprometía a non promocionar fármacos ilegais ante os fiscais federais, a farmacéutica estaba xa enfrascada no incumprimento das súas promesas.

Creo que non é necesario estenderme neste capítulo para facernos unha idea do nivel de “merda” (como sinónimo de mentira) existente, como acredita o filósofo ético Harry Frankfurt, On Bullshit, na nosa cultura de hiperconsumismo capitalista insostible definida polo márketing empresarial, e especializado en crear unha demanda ficticia e satisfacer necesidades irreais xeradas mediante a estratexia comercial da seducción e o estímulo do desexo, seguindo a teoría de Zygmunt Bauman e David Lyon en Vixilancia Líquida (páx.140).

O propio Dr. Michael Yeadon, exvicepresidente de Pfizer, chegou a afirmar o manifesto parecido entre a mafia e a industria farmacéutica:
Da medo pensar na gran cantidade de similitudes que existen entre a industria e a mafia. A mafia gaña cantidades obscenas de diñeiro, tal como ocorre na industria. Os efectos colaterais do crime organizado son asasinatos e mortes, e os efectos colaterais causados por esta industria son eses mesmos. A mafia paga subornos a políticos e a outros, e o mesmo fai a industria farmacéutica” (9).

Menciono tan só o caso da farmacéutica Pfizer, pero esta conduta mafiosa é extensible a outras grandes corporacións multinacionais do sector por volume de facturación, como son o maior camello da industria Hoffman-La Roche (Roche) como a denomina o profesor e doutor danés Peter C. Gøtzsche, Moderna, GlaxoSmithKline, AstraZeneca, Johnson&Johnson, Merck, Eli Lilly ou Abbott.

Omertá dos “hipocráticos hipócritas” e revistas científicas de prestixio internacional

Pero como se xustifica o silencio da “comunidade médica” ante esta absurda e surrealista situación derivada da campaña de medo e propaganda política orquestada e necesaria para facer creíble a pandemia de SARS-CoV-2? Como é posible que os coronavirus, un grupo de virus (7-15% de virus) que son estudados nas facultades de medicina (10) e que se presentan tódolos invernos como os causantes das neumonías durante a epidemia da gripe estacional, se presente como o monstro do Apocalipse? Como se transformou o coronavirus como o vector causante dunha nova enfermidade chamada Covid-19 sen base científica, xa que o virus non foi “aillado” e “purificado” segundo a teoría dos 4 postulados de Koch? (11).

O argumentario de fondo para explicar este absoluto silencio ante esta tolemia imposta “manu militari” polos gobernos do Mundo xa foi exposto anteriormente. O diñeiro, os beneficios, os empregos mellor remunerados e as grandes reputacións acaban converténdose nos factores de corrupción máis poderosos no mundo, como comenta o Dr. Richard Smith, exdirector do British Medical Journal (12). A industria suborna e compra a medios de comunicación, líderes de opinión e médicos/as de atención primaria ou especializada. A aplicación das leis de transparencia amosan a débeda contraída, cada día nunha proporción maior, dos/as médicos/as co Big Pharma, e acredita que son moitos/as os que cobran soldos astronómicos como asesores ou conferenciantes que promocionan os seus fármacos. (Ibidem).

A industria acaba por corromper tamén a independencia e a liberdade científica, e este feito tamén se constata nas revistas científicas de prestixio internacional, que cada vez, ante a falta de financiación pública, as grandes farmacéuticas, mediante contratos multimillonarios, financian os ensaios clínicos de medicamentos e vacinas e sosteñen economicamente estas publicacións. Esta situación tamén a corrobora o editor xefe da revista científica e médica The Lancet, Richard Horton:
“Se isto continúa, non seremos capaces de publicar máis información, debido a que as compañías son tan financeiramente poderosas hoxe, e son capaces de usar tales metodoloxías como facernos aceptar papeis que son aparente e metodoloxicamente perfectos, pero os cales, en realidade, xestionan concluir o que eles queren concluir” (13).

E o reputado doutor francés Philippe Douste-Blazy comenta as palabras de Horton nunha reunión de expertos sobre o coronavirus da seguinte maneira:
“Nunca pensei que o xefe de The Lancet puidera dicir esas palabras. Incluso o xefe da revista New England Journal of Medicine. El dixo que era criminal. A palabra que foi usada por eles”. (Ibidem)
E remata o Dr. Douste-Blazy:
“Cando hai un brote como o Covid, en realidade, hai persoas coma nós, doutores, que vemos a mortalidade e sufrimos. E hai persoas que vén dólares”.

Para estas publicacións científicas e médicas parece ser máis importante o diñeiro fácil que a integridade científica. En definitiva, como sentencia o xefe de The Lancet, Richard Norton:
“As revistas médicas convértense en meras operacións de branqueo de información para a industria farmacéutica” (14). Unha extensión dos departamentos de márketing do Big Pharma.

“BILL GATES E A PEDRA FILOSOFAL”: ALIANZAS ESTRATÉXICAS, CONFLITOS DE INTERÉS E CAPITALISMO GLOBAL MULTIPARTICIPADO

“A existencia de COVID-19 en calquera lugar supón unha ameaza para as comunidades de todo o mundo. As repercusións sanitarias, sociais e económicas só poden abordarse mediante a acción colectiva dos interesados dos sectores privado, público e filantrópico en asociación ca sociedade civil. Como organizacións dedicadas a mellorar e protexer a saúde mundial, cas nosas variadas habilidades, funcións e recursos, seguimos comprometidos a facer a nosa parte para poñer fin a esta pandemia en todo o mundo. A principios de este ano, AstraZeneca; Bayer; bioMérieux; Boehringer Ingelheim; Bristol Myers Squibb; Eisai; Eli Lilly; Gilead; GSK; Johnson & Johnson; Merck & Co. (conocida como MSD fuera de los Estados Unidos y Canadá); Merck KGaA, Darmstadt, Alemania; Novartis; Pfizer; Roche; e Sanofi, xunto ca Fundación Bill y Melinda Gates, comprometéronse a loitar contra o Covid-19” (15).

Este é o manifesto firmado polo Big Pharma Global e a Fundación Bill & Melinda Gates para loitar contra esta suposta nova enfermidade a que se dou por chamar Covid-19. Toda unha cínica declaración de intencións ó tenor da anterior explicación. Mais o summum da hipocresía é o título eufemístico do manifesto: “Life science companies and the Bill & Melinda Gates Foundation. Commitments to expanded Global Access for COVID-19 Diagnostics, Therapeutics and Vaccines” (Empresas da “ciencia da vida” e a Fundación Bill e Melinda Gates. Compromisos para o Acceso Global Expandido para o Diagnóstico, Terapia e Vacinas). Agora as farmacéuticas son corporacións da “ciencia da vida”, como a bioloxía.

É a primeira vez, en máis de 100 anos de historia da industria farmacolóxica global, que se alían tantas empresas do sector estratexicamente, para loitar e combatir unha enfermidade. O que non puideron facer as enfermidades cardiovasculares, nin o cancro, nin as enfermidades respiratorias derivadas do tabaquismo (unha epidemia humana), sendo as tres principais causas de morte en Europa e EE.UU., logrouno un “virus novo, letal e altamente contaxioso”, obténdose, en tempo récord, os tratamentos antivirais necesarios, as probas de diagnóstico (probas de antíxenos e RT-PCR e PCR), así como a “solución final”: a vacina.

Pero esta información está incompleta e é imprecisa. Como apunta o profesor Peter C.Gøtzsche:
“Por desgracia, a nosa sociedade é vítima de dúas epidemias creadas por nós mesmos: o tabaquismo e os medicamentos de venta por receta, ambas extremadamente mortais. En EE.UU. e en Europa os medicamentos son a terceira causa de morte, despois das cardiopatías e o cancro” (16).

E o motivo deste feito é evidente: o sistema está completamente corrompido. A día de hoxe, estas causas de morte, gáñanlle a carreira do xuízo final ó Covid-19, á luz das estadísticas oficiais de mortalidade. Os medios de propaganda volven a promover o alarmismo sensacionalista e censurar a información científica.

Se realmente o obxectivo fora mellorar a saúde pública, en lugar de invertir tanto diñeiro en fármacos caros para reducir o colesterol, deberíase invertir uns miles de millóns en campañas eficaces para reducir o tabaquismo, aumentar a actividade física e mellorar a alimentación, seguindo a doutrina hipocrática na que se basa a medicina clínica. Esta proposta non sería un conflito de interés económico, pero si entraría en conflito cos intereses económicos da industria farmacéutica.

Cui bono?

Pero esta alianza estratéxica a quen beneficia realmente? Dende cando a industria farmacéutica antepón o interés xeral e a saúde pública ós seus beneficios económicos e especulativos? (17).

Acaso esta nova emerxencia sanitaria mundial non será a enésima epidemia inventada do “complexo industrial médico-farmacéutico global” organizada dende a privatizada OMS para a obtención de beneficios multimillonarios a costa, unha vez máis, da saúde, a vida e a economía dos de abaixo? (18).

Test PCR: a técnica millonaria de amplificación do medo

O doutor e profesor Kary Mullis foi o creador da proba PCR (Polymerase Chain Reaction), e pola cal en 1993 é galardonado co Premio Nobel de Química. O investigador norteamericano ten afirmado en máis de unha ocasión, que esta técnica non identifica ningún virus en específico. O único que detecta é algo do ADN OU RNA dun virus que se descoñece. E de igual modo, ata pouco antes de morrer en agosto de 2019, advertiu ata a saciedade que a técnica de amplificación PCR estaba sendo usada como medio de diagnóstico de forma incorrecta pola maior parte da comunidade científica, médica e investigadora. (19). Esta explicación científica sobre o PCR tamén a recolle na súa obra Dancing naked in the mind field (1993) e a súa experiencia como investigador molecular en Cetus Corporation, unha empresa de biotecnoloxía de Berkeley na cal crea o PCR, no discurso de entrega do seu Premio Nobel en 1993 (20).
Creo que non deixa lugar a dúbidas nin a posibles debates científicos: “O PCR non di se estás enfermo ou non” (Mullis, K. 1993. Ibidem).

Polo tanto, se non identifica ningún virus e moito menos se pode empregar como proba de diagnóstico, para que a están usando as autoridades sanitarias? Só ten unha explicación lóxica: producir a maior campaña de medo e alarmismo mediático global da historia. No contexto desta pandemia de pánico social e histeria colectiva desatada ante un enimigo invisible e tan letal, os gobernos de todo o Mundo asegúranse a obediencia cega e irreflexiva de toda a humanidade (21), mentres os Amos da Humanidade seguen facendo o gran negocio do século co desenvolvemento da súa axenda económica segreda.

Pero en que momento se decide que o PCR, unha proba inútil e inespecífica, se transforme no “Gold Standar” (do inglés, patrón ouro. Neste caso, como sinónimo de exemplo ou referencia) dos gobernos para tomar decisións políticas de recortes de dereitos humanos e medidas económicas tan severas e draconianas como peches de economías, fronteras ou sectores económicos “non esenciais”?

Conexión Berlín-Wuhan

Despois de que a propia OMS recomendara o seu uso (non como proba de diagnóstico médico), o xefe do departamento de viroloxía do centro Berlin Charité, financiado pola Fundación Bill e Melinda Gates, o Dr. Drosten, comunicou nunha entrevista realizada na radio pública alemana, que unha institución chinesa, cuio nome non facilitou, confirmoulle ó virólogo asesor da administración de Angela Merkel durante esta pandemia de coronavirus, que o virus identificado no PCR específico creado por Drosten e un equipo de investigadores do centro que dirixe, era o mesmo buscado en Wuhan.

Un dos coautores do PCR é o CEO de TIB-MOLBIOL, socio estratéxico no mercado da farmacéutica suiza ROCHE, para a cal produce LightMix Modular SARS-CoV-2 (PCR) que está obtendo miles de millóns de euros ca venta masiva desta proba e polas accións nos parqués do Mundo. Un evidente caso de conflito de interés sobre o que ningúen denunciou. Este produto lánzase ó mercado o 24 de xaneiro (22). A OMS decreta a pandemia o 11 de marzo. Algo cheira a podre nesta pandemia e o mal olor provén da industria farmacéutica.

Mascarilla: EPI que perxudica seriamente a saúde

fACE MASK ON LIES

Son cada vez máis as voces médicas e científicas autorizadas que critican o uso masificado e indiscriminado do uso da mascarilla. Nin sequera a propia OMS, durante a suposta primeira e segunda onda da pandemia, recomendou a súa obligatoriedade nos espazos públicos, sempre e cando se puidera garantir a distancia interpersonal e se adoptaran medidas de sentido común: evitar aglomeracións, lavarse as mans con relativa frecuencia (non caer nun trastorno obsesivo compulsivo) e tusir ou estornudar de forma axeitada, é dicir, con educación. Ata hai un mes, en ningún país da UE se fixo obrigatorio o uso da mascarilla na rúa ou espacios públicos en xeral.

Pero que di a lexislación española con respecto ó uso obrigatorio da mascarilla? O seu uso regúlase mediante a Orde Ministerial SND/422/2020, de 19 de maio (23)
O que ignora a gran maioría das persoas, porque confiaron no seu momento cegamente na palabra do presidente Pedro Sánchez, é que calquera persoa podería estar exenta de levar a mascarilla, atendendo a esta norma. Revisemos os artigos 2 e 3:

  • Artigo 2. Suxeitos obrigados
    1. Quedan obrigados ó uso de mascarillas nos espacios sinalados no artigo 3 as personas de seis anos en adiante.
    2. A obriga contida no parágrafo anterior non será esixible nos siguientes supostos:
    - a) Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de mascarilla.
    - b) Persoas nas que o uso de mascarilla resulte contraindicado por motivos de salud debidamente xustificados, ou que pola sua situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conducta que fagan inviable o seu uso.
    - c) Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da mascarilla.
    - d) Causa de fuerza maior ou situación de necesidade.
  • Artigo 3. Espacios nos que resulta obrigatorio o uso da mascarilla.
    O uso da mascarilla será obrigatorio na vía pública, en espacios ó aire libre e en calquer espacio pechado de uso público ou que se encontre aberto ó público, sempre que no sexa posible mantener una distancia de seguridad interpersonal de alomenos dous metros.

Polo tanto, persoas dependentes e menores de 6 anos, persoas con enfermidades respiratorias ou outro tipo de doenzas que lle causen algún tipo de alteración condutual, persoas con dificultade respiratoria (EPOC, asma, etc) ou polo tipo de actividade que desenvolva, así como por forza maior ou necesidade (situación práctica e real: “ca mascarilla non respiro adecuadamente e necesito sacala para respirar”).

Non obstante, penso que non fai falla ser médico, biólogo, neurólogo ou fisiólogo para saber, aplicando o sentido común que se perdiu durante esta pandemia, que a reinhalación do CO2 espirado e bloqueado pola barreira física da mascarilla, cáusanos máis dano que beneficio. Polo tanto, se invirte o pripincipio de ética hipocrática que rexe a medicina clínica: “primun non nocere” (primeiro non causar dano). O organismo precisa do osíxeno para vivir. A privación dese elemento vital ten un efecto tóxico, produce danos neurodexenerativos irreversibles no noso sistema cognitivo, así como pode causar a morte.

A prestixiosa neurofisióloga Margareta Griesz-Brisson, foi unha das tantas voces censuradas nos medios de propaganda que criticaron frontalmente o uso innecesario da mascarilla, sobre as cales opina que son “un crime contra a humanidade e un abuso ós/ás nenos/as”:
“To deprive a child’s or an adolescent’s brain from oxygen, or to restrict it in any way, is not only dangerous to their health, it is absolutely criminal. Oxygen deficiency inhibits the development of the brain” (Privar de osíxeno o cerebro dun adolescente ou un neno, ou restrinxilo de calquer modo, non só é perigoso para a súa saúde, é absolutamente criminal) (24).

Nullius in verba

En 1660, fúndase en Londres a Royal Society que supuxo un punto de inflexión no desenvolvemento da medicina occidental. Un grupo de científicos deciden que esta área do coñecemento debía basarse na “proba experimental”, e non na fantasía especulativa, a charlatanería, a superstición ou a fe cega. A sociedade acordou en chamarlle a este principio básico da investigación científica “nullius in verba”, “nada na palabra”, é dicir, non confíes só no que alguén di. Son necesarias na medicina e na ciencia en xeral, as probas que demostren e respalden a teoría que se enuncie.

A ciencia fundaméntase na evidencia (do inglés, evidence. Proba en galego). Nas probas empíricas que se poden refutar e comprobar. Non existen os dogmas. Tan só teorías que se poden demostrar. E que ten que dicir a ciencia e a medicina hoxe con respecto ó uso da mascarilla?

Unha das máis prestixiosas revistas científicas e de investigación médica é sen dúbida a Cochrane Collaboration de Dinamarca así como o centro de investigación clínica e científica, o Nordic Cochrane Center.

O pasado mes de abril publicou unha revisión das medidas usadas durante a epidemia do SARS-CoV-1 DE 2003 que afectou a varios países do sudeste asiático (pantalla facial, mascarilla e distanciamento interpersoal) e chegan a mesma categórica conclusión:
“En termos xerais, os resultados do resto do estudo non aleatorizados reforzaron estos resultados, mostrando incluso diferencias significativas entre usar ou non usar mascarillas. Con estos datos os autores da revisión concluiron que o uso da mascarilla pode ter un efecto moi pequeno na reducción da transmisión comunitaria de virus respiratorios polo que, sumado a aspectos como o pouco cumprimento destas medidas, non apoia o uso xeralizado de mascarillas” (25).

O profesor Peter C. Gøtzsche, dende o Instituto para a Liberdade Científica de Copenhague, na súa liña literaria emblemática de furia científica basada en evidencias, publica un documentado artigo en outubro apelando a desobedicencia civil e a responsabilidade individual en canto a protección da propia saúde, cando as autoridades sanitarias e os gobernos non nos protexen e hai unha oculatación deliberada de datos das investigacións científicas realcionadas co uso da mascarilla: “Stop the corona hysteria and throw away the masks” (Deter a histeria do coronavirus e tirar cas mascarillas) (26).

“CRIME E CASTIGO”: RESIDENCIAS DE PERSOAS MAIORES, VIOLACIÓN DE DEREITOS HUMANOS E CRIMES DE LESA HUMANIDADE

Un hospital construído en tempo récord e a contrarreloxo en Wuhan, ducias de persoas colapsando os servizos de urxencias hospitalarios, ducias de persoas maiores caendo como moscas tódolos días nas residencias de maiores en Madrid, Catalunya, imaxes de terror no norte de Italia, miles de casos en Londres, o buque hospital USNS Comfort entrando na Baía de Hudson en New York como reforzo sanitario, construcción de inmemsas fosas comúns en Manhattan, UCI ́S colpasadas, persoal sanitario desbordado, et cétera, son algunhas das instantáneas que simbolizaron o “terror” do Covid-19 tras decretarse a pandemia pola OMS no mes de marzo de 2020. Imaxes grabadas na retina e que xa forman parte do arquivo visual da memoria colectiva do Mundo enteiro. Esta é sen dúbida, a radiografía desinformativa sensacionalista sen diagnóstico científico.

Por iso o deber de todo intelectual ou xornalista de investigación é contar a verdade e expor as mentiras. Contar o que realmente está pasando.

Despois dunha longa e profunda investigación (do latín, in-vestigium, ir detrás do vestixio, da verdade) acabei concluíndo que a maior parte das mortes ocorridas no Mundo supostamente por Covid-19, non podía atribuirse a unha teoría monocausal, é dicir, darlle credibilidade ó esquema simplista de CORONAVIRUS=COVID-19. O contexto de medo inxustificado, a propaganda política e mediática, o uso de medicamentos altamente tóxicos e mortais para indicacións non probadas como “cloroquina ou hidroxicloroquina”, tratamento antiviral indicado para a malaria, corticoesteroides, Remdesivir (o antiviral estrela de Gilead Sciences cun prezo supercaro) para a terapia das persoas supostamente enfermas pola nova doenza, a mala praxe médica nos hospitais e o abandono total das residencias de persoas maiores, son algúns dos factores que poden explicar o que realmente pasou durante a primeira e máis mortífera onda pandémica.

O reputado biólogo e matemático David Crowe, no seu artigo sobre as deficiencias na teoría da pandemia de coronavirus, é moi clarificador e contundente:
“Os médicos que se enfrentan ó que cren que é un virus mortal tratan para o futuro, para os síntomas anticipados, no para o que ven hoxe. Isto leva o uso de osixenación invasiva, altas dosis de corticoesteroides, drogas antivirais e máis. Neste caso, algunhas poblacións dos diagnosticados (por exemplo, en China) son maiores e máis enfermas que a población xeral e moito menos capaces de soportar un tratamento agresivo. Despois de que o pánico polo SARS disminuiu, os médicos revisaron as probas, que demostraron que estes tratamentos a miúdo eran ineficaces, e que todos tiñan graves efectos secundarios, como déficit neurolóxico persistente, reemprazo de articulacións, cicatrices, dor e enfermidades hepáticas. Así como unha maior mortalidade”. (27).

Os estudos das revistas científicas so é propaganda se aplicamos a indispensable teoría dos 4 postulados de Koch para corroborar a “correlación” coronavirus-Covid-19.

Os postulados de Koch, enunciados por primeira vez polo bacteriólogo alemán Robert Koch a finais de 1800, poden ser simplemente enunciados como:
1) Purificar o patóxeno (por exemplo, o virus) de moitos casos cunha enfermidade particular.
2) Expoñer ós animais susceptibles (obviamente non os seres humanos) ó patóxeno.
3) Verifique que se produce a mesma enfermidade.
4) Volver a purificar o patóxeno, só para estar seguros de que realmente está creando a enfermidade.

Polo tanto, non se pode afirmar que o “coronavirus” esté causando esta suposta pandemia.
“Se se combina a vellez, as condicións de saúde preexistentes, a neumonía, a ventilación invasiva e os medicamentos altamente tóxicos, terás unha receita para outro desastre iatroxénico”, sentencia o Dr. David Crowe.

Winter is coming

Os peores meses da epidemia de gripe invernal están por chegar. Os maiores picos, é dicir, o maior número de mortes esperadas por gripe ou neumonía, prodúcense nos meses de xaneiro e febreiro (en concreto, da semana 4 a 8 da campaña da epidemia gripal) cando hai unha menor radiación ultravioleta e unha baixa temperatura ambiental, e polo tanto, momento de clímax para a eclosión de tódolos virus. Só desexo, dende a reflexión e a tráxica historia recente, que non se incurra no principio clásico:
”Errare humanum est. Sed perseverare diabolicum”. (Errar é de humanos. Pero persisitir no erro diabólico).

Uns experimentos desenvoltos en EE.UU. en 1918, durante a mal chamada “Pandemia de gripe española”, que se cobrou a vida de case 600.000 persoas, chegan a conclusións cun paralelismo científico asombroso cos argumentos expostos e ademais, desmonta a teoría monocausal do virus, tendo en conta, que a ciencia médica, 100 anos despois da teoría dos postulados de Robert Koch, seguía sen aplicarse durante a peor pandemia que azotou a humanidade. O virus da gripe A H1N1 non se purificou entón.

Spanish Flu

Estes feitos son recollidos pola xornalista científica Gina Kolata no seu libro Influenza (28).

“O primeiro deles consisitiu en reclutar 62 mariñeiros saudables que estaban en prisión por diferentes delitos cometidos en Boston en novembro de 1918. Prometéronlle o perdón ca condición de formar parte dun experimento. 39 deles non tiveran gripe, polo que potencialmente serían máis susceptibles de infectarse e enfermar.
Os médicos militares recolleron mucus dos soldados enfermos dos seus narices e gorxas para máis tarde poñerllo directamente no nariz e garganta dalgúns deles e noutro grupo nos ollos.
Outro grupo de 10 voluntarios tiveron que posicionarse enriba de enfermos postrados e moribundos pola gripe, para que respiraran durante cinco minutos o fétido aire exhalado polos 10 pacientes enfermos. Un deles tusiu cinco veces na cara dun dos voluntarios.
Tódolos voluntarios repetiron esas accións con 10 diferentes pacientes con gripe. Sorprendentemente, ningún dos homes cheos de saúde caiu enfermo!”
(Ibidem).

Outro experimento comparable, levado a cabo nunhas condicións moito máis estritas, tivo lugar en San Francisco con 50 mariñeiros que estaban no cárcere. Pero unha vez máis, os resultados foron semellantes ós do experimento de Boston. Os científicos estaban estupefactos ante aquela evidencia científica.

Se aqueles voluntarios saudables non se infectaron co virus da gripe a pesar dos esforzos titánicos dos doutores para facelos enfermar, entón, que estaba causando a enfermidade? Como, exactamente, as persoas se infectaban co virus? De que morrían? A resposta: “sobremedicación altamente tóxica e campañas de vacinación masiva con compoñentes letais”. A incipiente e mafiosa industria farmacéutica mundial volve aparecer como o presunto asasino na escena do crime. En particular, a empresa inventora da Aspirina®, a máis importante e influinte farmacéutica a finais do século XIX e comezos do XX. Nese momento, a industria non estaba sometida a regulación de medicamentos. Por exemplo, Bayer vendía heroína como “substancia substituta non adictiva” da morfina, e a comerciaba como remedio para a tos, e presentábaa en diversos formatos: xarope en bonitos viais, polvos, líquido e tampóns enchoupados para tratamentos xinecolóxicos (Ibidem).

Sexamos prudentes e aprendamos as leccións censuradas da historia.

A organización de dereitos humanos Amnistía Internacional denuncia que os dereitos das persoas maiores foron sistematicamente violados durante a primeira ola da pandemia e pide ó goberno transparencia e cumprimento dos dereitos humanos en aras de non repetir o desastre dos primeiros meses da pandemia, xa que cren que podería volver ocorrer. A pandemia non pode ser usado coma pretexto para a negación dos dereitos dos maiores. En particular, cinco dereitos fundamentais. Así o recolle no informe o director de AI España, Esteban Beltrán:
“Nas residencias violouse o dereito á saúde, á vida e a non discriminación das persoas maiores. Ademais, as decisións das autoridades impactaron tamén no dereito á vida privada e familiar e no dereito a ter unha morte digna” (29).

Suxiro a lectura completa do informe de investigación de AI España “Abandoadas á súa sorte” (30).

O 70% das persoas falecidas superaban os 80 anos de idade, tiñan patoloxías previas e estaban recluídas en residencias de maiores. Ó tenor no enunciado anteriormente, na maior parte das residencias (senón na súa totalidade), negóuselle o dereito á asistencia sanitaria. Ademais, o Ministeiro de Xustiza e de Sanidade suministraron unhas directrices, que propiciaron o desastre dantesco que se viviu nestes equipamentos residenciais e xerontólóxicos.

Non bastando con negarlle os dereitos fundamentais ás persoas maiores, o procedemento para a emisión de certificados de defunción, a asignación da “mortis causa” é absolutamente arbitraria e atenta contra os principios éticos da medicina clínica, xa que se atribúe a “probable” infección do coronavirus e causa inicial ou fundamental da morte ó Covid-19, incluíndo a etiqueta de NON CONFIRMADO OU SOSPEITA DE INFECCIÓN POR CORONAVIRUS. Como xa se sabe, o coronavirus presenta un cadro sintomatolóxico similar a outros tipos de infección respiratorios, como a gripe (A, B, C) ou neumonía. Sen embargo, sen diagnósticos médicos, purificación do virus e sen posteriores autopsias clínicas ou forenses (só en caso de morte violenta, como se recolle no documento do CGCOM) (31), non se pode saber de que morreron esas persoas. E estas mortes, non certificadas de forma rigorosa e honesta, son as que están engrosando as cifras da taxa de mortalidade por Covid-19 e causando esa hiperinflación estatística. E ó mesmo tempo, sérvelle como mecanismo de propagación do medo ó goberno.

Acorde a este punto, é necesario tamén clarificar as taxas de mortalidade e de letalidade pola suposta enfermidade de Covid-19, debido a maximización do ruido mediático e magnificación do medo cunhas categorías estatísticas tan pouco informativas, e si sensacionalistas, como a denominada “taxa acumulada” de casos. Esta cuestión tamén debería facernos reflexionar, que tratando casos e non mortes, estaríamos diante dunha “casemia”, e non unha pandemia. Poñamos as cifras, orientativas, en perspectiva. Para este exercicio, usaranse as cifras publicadas e actualizadas no informe 59 do Centro Nacional de Epidemioloxía do Instituto Nacional de Saúde, da Universidade Carlos III, con data do 29 de decembro de 2020.

A taxa de mortalidade por Covid-19 é 0,044%. En termos proporcionais, morreron 44 persoas por susposto Covid-19 por cada 100.000 habitantes na tempada 2020. E cunha taxa de letalidade de 1,26. (32). En termos comparativos, tendo en conta que de promedio morren unhas 60.000 persoas por tabaquismo en España, a taxa de mortalidade por esta “epidemia humana”, é de 0,12%. É dicir, morren 120 persoas por cada 100.000. 2 veces máis que de Covid-19. Sen embargo, esta cifra é pouco difundida polos medios de propaganda. Sendo máis preocupante en termos de gasto público sanitario (suporíalle millóns de euros de aforro ós petos de tódolos contribuintes) e de saúde pública para o estado español, como para o resto de democracias liberais do Mundo, non merece a pena prestarlle atención. No Mundo, cada ano, de promedio, morren 8 millóns de persoas por esta epidemia creada por nós mesmos.

En canto a epidemia da gripe 2019-2020, foi moi similar a de 2009, con independencia da pandemia da gripe porcina H1N1.

Conclusións da Rede de Vixilancia Epidemiolóxica da Gripe:
“Presentouse cun nivel de transmisibilidade moderado no pico da epidemia 2019-20, para tódalas idades, e para o grupo de 15-64 anos, seendo elevado nos menores de 15 anos. O impacto da epidemia gripal 2019-20 foi moderado en termos de taxas de hospitalización e de excesos de mortalidade por tódalas causas. En ambos casos, menor que nas dúas tempadas previas, e a expensas fundamentalmente do efecto da gripe nos maiores de 64 anos”. (33).

Sen embargo, as cifras non falan e silencian miles de historias persoais horribles. Imaxinémonos ser unha persoa maior con patoloxías e pouca movilidade ou dependente nunha residencia de maiores, onde a xestión economicista da nova xerencia, en mans dun fondo de inversión francés ou norteamericano, que antepón o negocio a prestación dun servizo social de calidade, e que redunde nunha atención e coidado integral para vivir a súa vellez cun mínimo de calidade de vida ó que ten dereito. Servizo precario, alimentación pouco sá e equilibrada, cun incumprimento das ratios de persoal de atención acorde ó tipo de equipamento residencial, etc. Na maior parte dos casos, vivenciando ese último tramo da súa existencia en soidade e sen a tan necesaria implicación familiar, na que usan a residencia como “aparcadoiro” para o seu maior. E de repente, anúnciase a chegada dun virus novo, letal e altamente contaxioso. O persoal sanitario da residencia, nesa campaña de medo non sabe que facer. Non hai orientación, todo é confusión. Ós maiores non se lles informa de nada. Non hai protocolos oficiais de actuación. As persoas maiores nas residencias enferman con maior frecuencia de gripe, e moitas delas falecen por esta enfermidade tódolos anos. Pero resulta que esta enfermidade nova chamada Covid-19, preséntase cos mesmos síntomas ca gripe. Empezan a poñer en cuarentena ás persoas maiores enfermas ou con síntomas e sen a necesaria asisitencia. Todo xa é un caos no medio do pánico. E a persoa maior non sabe o que está ocorrendo. Négaselle a asistencia sanitaria e a nova medicina clínica de campaña, practicada por teléfono, ante o terrible escenario de casos supostamente graves, pero sen ser avaliados e diagnosticados, só lles suministran morfina para pagar o óbolo ó barqueiro Caronte.

Moitas residencias neste país, durante a maldita primeira onda da pandemia e do pico da campaña de terror mediático, convertíronse en “morredeiros”.

A continuación doulle a palabra a unha médica que narra o seu relato persoal da tolemia e a súa mala praxe médica inducida polo caos e o medo imperante, e dos que tamén foron vítimas obviamente:
“Co cal, a miúdo tiñas que resolver cousas telefonicamente e que se puidera, tería visto ó paciente, e ó final ías para casa cunha sensación horrible. Igual que os casos de agonía. Dicíante 'esta persoa está morrendo' e ó final o cría e lles dicía: 'dalle morfina'. E lles enviaba a pauta por fax. E eu pensaba, 'pero si non vín a esa persoa'. Claro, eu tíñame que fiar de esa enfermera, porque é unha profesional e temos que fiarnos. Pero eu non quería funcionar así. Ó final, é que estaba organizado dunha maneira que te abocaba a facer iso" (34).

Esta foi a tráxica dinámica subxacente á maior parte das residencias durante o primeiro estado de alarma da pandemia, tendo en conta tódolos elementos en xogo, é dicir, o número de persoas que se lles suministrou a morte non digna nas residencias, as que deixaron morrer, ou outras, as menos, que acabaron nas UCI ́s dos hospitais, onde recibiron tratamentos non probados, altamente tóxicos e letais, ou se lles practicou ventilación mecánica invasiva, cuxa técnica, pode acabar ca vida dos pacientes, xa sexa a causa da intubación bucal ou por traqueostomía, ou por neumonía sobrevida derivada da operación de ventilación, como comenta David Crowe no seu artigo. A esta dantesca realidade chámase xenocidio. E os crimes perpetrados, conducidos polo contexto de medo inxustificado, son de lesa humanidade.

Con respecto a este factor de morte non correlacionada co coronavirus, a revista The Lancet, publicou o 24 de febreiro un revelador artigo sobre o resultado, moitas veces evitable, desta técnica de ventilación mecánica invasiva (intubación), no que corroboran este feito cun horrible desenlace colectivo en Wuhan (35). O estudo recolle unhas cifras arrepiantes: “só 3 de 22 pacientes sobreviviron” (13,6%). E de igual modo en New York (36), un grupo de doutores reportaron a comezos de abril, que o 80% ou incluso máis pacientes que presentaban un suposto cadro de “coronavirus” e que estaban conectados a ventiladores, faleceron.

Fai 400 anos, Miguel de Cervantes mediante a personaxe realista de Sancho, afirmaba que no mundo existen dous modelos de linaxe: "o ter e o non ter". A linaxe dos que teñen representan o privilexio, o autoritarismo, o abuso e a insolidariedade, que son os que lideran a nefasta e arbitraria resposta a suposta enfermidade SARS-CoV-2, ignorando o sufrimento das maiorías que representan os que non teñen. Considero que é unha cuestión de xustiza social atender ó sector da poboación máis vulnerable e afectado pola pandemia e incorporalo no centro da política de protección do goberno, tendo en conta que a saúde pública, como ben xurídico, debe ser clínica, científica, democrática, ética e con rostro humano.

O espíritu de Barrington: xustiza, verdade e focused protection

O Dr. Reiner Fuellmich é o avogado dun prestixioso bufete alemán, coñecido mundialmente polo caso “Dieselgate” de Volkswagen, iniciará unha demanda colectiva contra os responsables, a tódolos niveis e ámbitos a escala global, desta falsa pandemia por xenocidio e crimes de lesa oportunidade (37). A iniciativa recóllese no sitio oficial www.acu2020.org.

En España, xa son máis de 3000 querellas interpostas contra o goberno central pedindo o esclarecemento dos feitos e responsabilidades polas mortes dos seus seres queridos.

No primeiro estado de alarma, o goberno non contempla na Orde SND/275/2020, en relación as condicións dos centros residenciais e información ás autoridades delegadas competentes, o reforzo e vixilancia das mesmas, sabendo que anualmente, nas residencias de persoas maiores se producen, xunto cos hospitais, os brotes epidémicos da gripe e onde máis maiores morren por esta doenza. Unha vez máis, o goberno as “abandoa a súa sorte” (38).

Non osbtante, polo mes de outubro un grupo de epidemiólogos/as, científicos/as e médicos especialistas estadounidenses, firmaban a Declaración de Great Barrington, na que contemplan o impacto na saúde física e mental que está acarreando a política de medidas coercitivas e de confinamento. En contraposición, abogan por un enfoque de protección focalizado no sector de poboación máis vulnerable, e ó resto da sociedade que está sá, que a deixen vivir con normalidade. (39). Penso que sería un enfoque político e clínico urxente, necesario e de xustiza social.

APOCALYPSE NOW: CONFLITOS DE INTERESES, CORRUPCIÓN PANDÉMICA E VACINAS INSEGURAS E INEFICACES

“Os científicos están facendo un dano terrible ó mundo co pretexto de axudalo. Non me importa atacar ó meu propio gremio. Avergóñome del.” (40)

Estas palabras son de de Kary Mullis, o inventor do PCR, e están xustificadas ante o panorama de colapso ético e corrupción ó que se conduciu o complexo industrial médico-farmacéutico.

El mesmo narra nun artigo, integrado na súa magnífica obra Dancing naked in the mind field, que leva por título “The Medical Establishment vs The Truth”, como se foi desencantando da medicina e a ciencia en xeral despois de ser galardoado co Premio Nobel de Química en 1993. Pero sobre todo, cando desmontou a teoría monocausal de que o VIH causa SIDA, desenmascarando a impostura científica dos falsos descubrimentos de dous premios nobeles como Luc Montagnier e Robert Gallo. Sen purificación do virus, seguindo a teoría de Koch, como pode a comunidade científica e médica asegurar que o VIH causa SIDA? Acaso non poden existir outros factores locais ou ambientais que propicien a enfermidade?

Os motivos xa foron expostos nestas páxinas, pero podemos recordar que moitas veces a corrompida e corruptora industria farmacéutica, suborna e contrata a importantes líderes de opinón para vender mentiras sobre medicamentos en conferencias ó ancho e longo do globo, a outros colegas do “gremio” para seguir vendendo mentiras sobre medicinas. Kary non accediu, porque como ben recoñece, antes que a súa reputación ou unha mellor remuneración, estaba o seu compromiso ca verdade e a ciencia baseada na evidencia. En varias ocasións, a farmacéutica GSK invitouno a dar charlas e conferencias en Europa, tendo en conta o seu liderazgo como médico e inventor da tecnoloxía PCR. El declinábaas, pero ten recibido cheques ó portador por sumas superiores a 6000 USD por non facer nada. Unha cantidade moi elevada para un médico dos 80. Nunca o puideron comprar. Sen embargo, a súa extraordinaria reputación foi difamada e destruída polo “medical establishment” e rematando ca súa carreira profesional (41).

Algo cheira a podre en Dinamarca

A historia recente do inminente médico e profesor danés Peter C. Gøtzsche, co- fundador dun dos centros de produción científica e médica referentes no Mundo, o Nordic Cochrane Center, e fundador da revista científica Cochrane Collaboration en 1993, é moi similar a do Dr. Kary Mullis. O seu compromiso ca liberdade científica e académica custoulle o seu posto no consello directivo da revista en 2018, así como o posterior despido como físico xefe no Rigshospitalet (Hospital Nacional de Dinamarca), executado pola Ministra de Sanidade, Ellen Trane Nørby. O novo CEO da Cochrane Collaboration, o xornalista Mark Wilson, amparándose na “spokesperson policy” (política de portavocía) da organización e o seu poder de control de facto no consello de dirección, decide someter a votación o despido do profesor Gøtzsche. A honesta e crítica postura de Peter dunha prestixiosa revisión Cochrane sobre a vacina do virus do papiloma humano (HPV) e os medicamentos psiquiátricos, foron a causa de fondo que promoviu a súa expulsión. A censura científica instalábase na Cochrane Collaboration. Os principios éticos rectores da publicación cedían á corrupción. Implosionaba o colapso moral dentro dun dos máis importantes referentes científicos e médicos (42).

Incluso o reputado profesor e doutor norteamericano John Ioannidis, epidemiólogo e bioestatístico da Univesidade de Stanford, creador da metaanálise (análise da análise), e o científico máis ciado do Mundo (máis de 3000 veces ó mes) non se libra da furia da difamación e estigamatización dos medios de propaganda desatados e alineados co Big Pharma e a pseudociencia médica privatizada e controlada pola industria. Un artigo seu (43) solicitando información veraz, contrastada e rigurosa, supuxo o seu linchamento mediático a cargo dos formadores de opinión a soldo que vulneran sistematicamente a Declaración de Perugia e dos principios éticos e deontolóxicos do oficio xornalístico. O mesmo John Ioannidis que saiu en defensa de Peter Gøtzsche cando foi inxustamente despedido pola ministra de sanidade de Dinamarca en 2018. Considerando o mantemento do Dr. Gøtzsche unha cuestión de democracia, liberdade de pensamento e xustiza (44).

O denominador común a todas estas voces disidentes e defensoras da liberdade científica, é que o sistema que bloquea a ciencia que practican baseada na evidencia e no principio do “nullius in verba”, está comprometido nun permanente conflito de intereses económicos e financeiros. Hoxe as investigacións científicas están financiadas pola industria farmacéutica, así como os ensaios clínicos de fármacos e vacinas, e os resultados dos estudos que esperan non son os rigurosos, honestos e íntegros, senón aqueles que se adapten e acomoden ós intereses da corporación financiadora. E se non se adaptan ou non interesan, encárganse outros estudos dunha inferior calidade, de autores pantasmas, que se encadren no tipo de resultado que desexan (45). Os beneficios antes que as persoas, a sáude pública e a vida. Fin da historia.

A vacina “milagrosa” do Covid-19: panacea ou problema sobreengadido? A vacina como “solución final”

Anunciada como un “blockbuster” polos medios de propaganda, e como a vacina milagrosa que acabará co “bicho” polas revistas científicas financiadas polo Big Pharma, a carreira farmacéutica a contrarreloxo pola obtención da vacina para acabar ca pandemia, remataba ca lograda polo “Il Capo di Mafia” norteamericana, a farmacéutica Pfizer. Un dos 7 proxectos de vacina que a Fundación Bill e Melinda Gates e Gavi (Alianza de Vacinas) apostaron a comezos da pandemia.

Pero antes de congratularnos pola chegada da vacina de Pfizer, e agora tamén a do laboratorio Moderna e a de AstraZeneca/Oxford, a sociedade adulta e madura, ávida de información crítica, independente, veraz e transparente, debería facerse unha batería de preguntas antes de tomar unha decisión informada, en definitiva, antes de dar o seu consentimento sobre o vial.

Pero que é realmente unha pandemia? Como se declara? Que é unha vacina? Como se desenvolve hoxe unha vacina? Hai garantías de ser unha vacina fiable, segura e eficaz? Cales son os resultados dos ensaios clínicos sobre os efectos secundarios? Quen debería xestionar e supervisar estes ensaios clínicos? Debería a vacina ser obrigatoria? Quen financia os ensaios clínicos? Será un ben para a humanidade ou o negocio do século da industria farmacéutica global? (46).

En gran medida, xa se dou resposta a algúns destes interrogantes, pero imos responder a tódalas preguntas a continuación de forma máis pormenorizada.

A OMS redefine o termo de pandemia, de forma pouco específica, o 24 de febreiro de 2010. A anterior definición, tamén pouco clarificada, pero que facía fincapé na gravedade da enfermidade e a mortalidade ocasionada, foi modificada no mes de abril de 2009, dous meses antes de decretar a falsa pandemia de gripe A H1N1.

A taxa de mortalidade por 100.000 habitantes era o criterio a seguir para o seu decreto. Este desaparece. Esta é a definición oficial:
“Chámase pandemia á propagación mundial dunha nova enfermidade” (47). Pouco importa o número de defuncións. Sexan 5 ou 500.000 mortes. O importante é a distribución e a estensión xeográfica. Un criterio absurdo e sen rigor epidemiolóxico (47).

A primeira vacina foi descuberta polo médico inglés Eward Jenner en 1798. Descubriu que ó usar o virus da viruela das vacas nos humanos, estes quedaban inmunizados fronte a enfermidade. Por este motivo o termo de vacina provén do latín, vaccinus, que é relativo ás vacas, de vacca (vaca).

A vacina é un preparado que se basa en microorganismos (mortos, atenuados ou vivos) como bacterias, fungos, parásitos ou virus, e que se lle administra a persoa para previr, atenuar ou tratar as enfermidades infeccionas (48). Gracias a inmunización mediante a vacinación, lográronse erradicar enfermidades como a viruela.

Non obstante, “aínda que é certo que as cifras de falecidos por sida ou malaria seguen sendo moi elevadas, isto non se debe a que non saibamos como combatilas, senón máis ben ás desigualdades económicas existentes e ós costes excesivos dos fármacos para curar enfermidades mortais nos países en desenvolvemento”, como ben puntualiza o profesor Peter Gøtzsche (49).

Pero que confianza pode ter a humanidade nunha vacina obtida en tempo récord, cando se sabe hoxe que para lograr unha vacina “boa”, tárdase de promedio entre 10 e 12 anos en conseguirse? A resposta é ningunha. Sobre todo, se consideramos que a maior parte dos ensaios clínicos son fraudulentos ou practicamente inventados. O irrefutable indicador que da testemuño desta práctica de fraude e corrupción, é cando dende os medios independentes ou centros de investigación científica e médica, se lle solicita formalmente as farmacéuticas información sobre os estudos de investigación científicos e sobre os acordos de licencia obtidos para a comercialización das vacinas ou medicamentos en xeral, e non se obtén resposta. A norma é o silencio institucional. Independentemente do que faga a industria farmacéutica e das declaracións acerca das súas nobres intencións a base de notas de prensa, todo se resume en un único obxectivo: vender os seus produtos. E isto conséguese mediante ese férreo control da información e o bloqueo do acceso a mesma por parte da cidadanía. A falta de transparencia é a carta de benvida cando se toca a porta destas megacorporacións solicitando a información a que a sociedade ten dereito a coñecer.

Os ensaios clínicos das farmacolóxicas poucas veces poden considerarse investigación clínica en stricto sensu. Soen ter deficiencias de deseño e se cometen erros adicionais durante a análise de datos ó que hai que engadir o sesgo nos resultados, que os fan enganosos co obxectivo de asegurarse de que, sexa cal sexa o resultado que dera un un ensaio honesto, as súas conclusións consigan incrementar ás ventas. Polo tanto, os ensaios clínicos non son máis que márketing camuflado. A manipulación dos resultados é unha práctica habitual na industria. A creación de datos falsos é algo tan frecuente e normal, que incluso existen expresións para describila: “dry labbelling” e “graphiting” en EE.UU., e “making” en Xapón.

Esta terrible realidade erosiona un dos piares fundamentais da comunicación científica: a confianza. De feito, as empresas farmacéuticas institucionalizaron o fraude, e Pfizer estableciu o récord de comportamentos pouco éticos. Dende a súa creación en 1849, Pfizer demostrou unha habilidade especial para conseguir que a xente tomara cada vez máis medicamentos, polo que non me sorprende que acabase sendo a maior farmacéutica do Mundo. Cando o seu director executivo deixou o cargo no ano 2000, declarou ter comprado un barco tan grande que non tiña onde amarralo, polo que tivo que comprarse un porto (50).

O médico Juan Gérvas é claro respecto a vacina do SARS-CoV-2:
“Na carreira por ser os primeiros, o comportamento de Pfizer evoca a manipulación intencionada da poboación mundial para facer crer que xa hai unha vacina eficaz e que é cuestión de días tela dispoñible para a súa aplicación en masa” .”(...) Mentras se logra, é clave que haxa transparencia e comunicación veraz de éxitos e dificultades no desenvolvemento das vacinas”. (51).

Peter Doshi, editor asociado da revista British Medical Journal, escribe na mesma liña:
“O anuncio do «95% de eficacia» pode ser moito máis complexo do que se ve a simple vista — ou tal vez non—. Só unha total transparencia e un rigoroso escrutinio dos datos permitirá tomar decisións informadas. Os datos deben facerse públicos”.

O propio Doshi corrobora un potencial e evidente conflito de intereses:
“Estiven demandando a publicación de protocolos de ensaios de vacinas e firmei cartas abertas pedindo independencia e transparencia na toma de decisións relacionadas ca vacina Covid-19”. (52). Ningunha resposta.

O luns 9 de novembro de 2020, Richard Horton, director de The Lancet, outra das revistas científicas médicas internacionais máis importantes, difundiu este cable en Twitter:
“Sobre a vacina covid de Pfizer: a publicación de resultados provisionais a través dunha nota de prensa non é unha boa práctica científica nin axuda a construir confianza pública en vacinas. Un anuncio tal debería acompañarse da publicación completa dun artículo revisado por pares nunha revista científica” (53).

Volvendo ó artigo de Doshi, sobre a falta de seguridade e eficacia das vacinas de Pfizer e Moderna, recolle o déficit de datos sobre as seguintes variables e cuestións:
“Non aportan datos sobre a capacidade da vacina de salvar vidas ou previr a infección. Nin sobre a eficacia da mesma en subgrupos de maior vulnerabilidade (por exemplo, persoas maiores de saúde delicada e comorbilidade). (...) Non hai datos para outros grupos de poboación, como nenos, adolescentes e persoas inmunocomprometidas, excluídas dos ensaios clínicos. Constatación de erros de deseño, e posterior sesgo na análise de datos. (...) Os viais de placebo son de diferente cor que as vacinas. (...) Exclusión de variables importantes como a prevención de enfermidades graves e transmisión en persoas de alto risco. (..) O escrutinio independente dos datos dos ensaios aumentará a confianza e a credibilidade dos resultados”.

A organización médica Médicos Sen Fronteiras esixe tamén unha vacina baseada na evidencia e na transparencia:
“O escrutinio público dos termoss dos acordos cas farmacéuticas é fundamental para garantizar un acceso equitativo e asequible a estas vacinas”. (54). Sobre todo, tendo en conta os 12.880 millóns dos contribuintes invertidos nas farmacéuticas no desenvolvemento da vacina en Europa e EE.UU. A sociedade civil está no seu dereito de reivindicar transparencia no acceso á información sobre a seguridade e a eficacia da mesma.

A ciencia non comprometida por conflitos de interese económicos ou financeiros, e baseada na evidencia refutable, chegan a mesma conclusión: sen transparencia non hai confianza social nunha vacina do Covid-19 segura e eficaz, xa que se ocultan os datos sobre os posibles efectos secundarios.

 

Para concluir, anexo a ficha de avaliación terapéutica do BitNavarra (Boletín de Información Farmacoterapéutica de Navarra). Unha ficha técnica clara, informativa, rigurosa e comprensible, atendendo ó principio de transparencia (55), e que constata que esta vacina, a priori, beneficiará unha vez máis a uns poucos e causará dano a moitos.

Cando a ciencia colapsa moralmente, a sociedade queda exposta ós ataques máis feroces do neoliberalismo rampante que campa as súas anchas, sen regulación e supervisión. A humanidade queda sen un dos seus principais baluartes de protección e contrataque, como son as baterías de coñecemento e pensamento crítico, científico e autónomo, e polo tanto, certifícase, como se puido comprobar, a funesta pero acertada reflexión do profesor Peter Gøtzsche:
“A falta de honradez científica pode acabar ca vida de moitas persoas, e a miúdo, iso é o que ocorre” (56).

Cando as autoridades non protexen á cidadanía, senón que a somete, a engana, a asfixia, a enferma e a mata cas súas absurdas e tiránicas medidas, a cidadanía ten a obriga moral de erguerse, rebelarse e desobedecer, en aras de protexerse dos abusos e as inxustizas do poder. “A liberdade, á fin e ó cabo, é unha batalla constante” (Angela Davis).

   

REFERENCIAS E BIBILIOGRAFÍA CONSULTADA

  • 1) https://off-guardian.org/2020/03/24/12-experts-questioning-the-coronavirus-panic/
  • 2) https://www.rtve.es/noticias/20200730/sanidad-recnoce-no-hubo-comite-expertos-para-desescalada-margen-del-equipo-fernando-simon/2034841.shtml
  • 3) Chomsky, Noam. Réquiem por el sueño americano. Ed. SextoPiso. Madrid. 2017. Páx.20.
  • 4) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.11.
  • 5) Transparency International. Informe Global da Corrupción 2006. Corrupción e Saúde. Ed. IDB Bookstore.Washington. 2006. Páx. 12.
  • 6) https://images.transparencycdn.org/images/2006_GCR_Health_ES.pdf
  • 7) https://www.bmj.com/content/bmj/367/bmj.l6576.full.pdf
  • 8) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.13.
  • 9) https://www.bbc.com/mundo/economia/2009/09/090902_1730_multa_pfizer
  • 10) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.18.
  • 11) https://www.youtube.com/watch?v=XnlT3rPNUp0
  • 12) https://www.wodarg.com/espa%C3%B1ol/
  • 13) https://off-guardian.org/2020/06/23/the-deadly-hydroxychloroquine-publishing-scandal/
  • 14) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.115. 
  • 15) https://www.gatesfoundation.org/en/Media-Center/Press-Releases/2020/09/Commitments-to-Expanded-Global-Access-for-COVID-19-Diagnostics-Therapeutics-and-Vaccines
  • 16) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.25.
  • 17) https://www.thelancet.com/journals/lancet/article/PIIS0140-6736(14)60139-2/fulltext
  • 18) Engelbrecht, Torsten. Köhnlein, Claus. Virus Mania. Ed. emu-Verlag. Lahnstein. Germany. 2020. Páx. 433.
  • 19) https://latribunadelpaisvasco.com/art/13799/kary-mullis-inventor-del-pcr-esta-prueba-no-te-dice-si-estas-enfermo-o-no
  • 20) https://www.nobelprize.org/prizes/chemistry/1993/mullis/lecture/
  • 21) https://www.globalizacion.ca/la-prueba-de-rt-pcr-de-la-covid-19-como-enganar-toda-la-humanidad-utilizando-prueba-para-encerrar-la-sociedad/
  • 22) https://www.roche.es/es_es/comunicacion/actualidad/2020/octubre/las-ventas-del-grupo-roche-crecen-un-1--a-tipos-de-cambio-consta.html
  • 23) https://www.boe.es/eli/es/o/2020/05/19/snd422
  • 24) https://www.globalresearch.ca/covid-19-masks-crime-against-humanity-child-abuse/5726059
  • 25) https://es.cochrane.org/es/%C2%BFest%C3%A1-justificado-el-uso-generalizado-de-mascarillas-para-evitar-la-transmisi%C3%B3n-comunitaria-del
  • 26) https://www.scientificfreedom.dk/wp-content/uploads/2020/10/PCG-masks.pdf
  • 27) https://theinfectiousmyth.com/book/PanicoCoronavirus.pdf. Páx.3.
  • 28) Engelbrecht, Torsten. Köhnlein, Claus. Virus Mania. Ed. emu-Verlag. Lahnstein. Germany. 2020. Páx:298-301.
  • 29) https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/noticias/noticia/articulo/madrid-cataluna-las-personas-mayores-en-residencias-han-sufrido-desde-marzo-cinco-violaciones-de-derechos-humanos-y-ahora-podrian-volver-a-sufrir-algunas-de-ellas/
  • 30) https://doc.es.amnesty.org/ms-opac/doc?q=*%3A*&start=0&rows=1&sort=fecha %20desc&fq=norm&fv=*&fo=and&fq=mssearch_fld13&fv=EUR41800020&fo=and&fq=mssearch_mlt98&fv=gseg01&fo=and
  • 31) https://www.cgcom.es/sites/default/files/u183/n.p._cerfificaciones_de_defuncion.28032020.pdf
  • 32) https://www.isciii.es/QueHacemos/Servicios/VigilanciaSaludPublicaRENAVE/ EnfermedadesTransmisibles/Documents/INFORMES/Informes%20COVID-19/Informe%20COVID-19.%20N%C2%BA%2059_29%20de%20diciembre %20de%202020.pdf
  • 33) https://www.isciii.es/QueHacemos/Servicios/VigilanciaSaludPublicaRENAVE/EnfermedadesTransmisibles/Documents/GRIPE/INFORMES%20ANUALES/Vigilancia%20de%20la%20Gripe%20en%20Espa%C3%B1a.%20Informe%20Temporada%202019-2020.pdf
  • 34) https://www.publico.es/politica/privatizacion-asistencia-sanitaria-dejo-inermes-geriatricos-catalanes-pandemia.html
  • 35) https://www.thelancet.com/journals/lanres/article/PIIS2213-2600(20)30079-5/fulltext
  • 36) https://apnews.com/article/8ccd325c2be9bf454c2128dcb7bd616d
  • 37) https://extramurosrevista.org/grupo-de-abogados-en-alemania-inicia-un-juicio-colectivo-contra-los-responsables-de-lo-que-consideran-el-mayor-crimen-contra-la-humanidad-jamas-cometido/
  • 38) https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-4010
  • 39) https://gbdeclaration.org/la-declaracion-de-great-barrington-sp/
  • 40) https://www.nytimes.com/2019/08/15/science/kary-b-mullis-dead.html
  • 41) https://www.virusmyth.com/aids/hiv/kmdancing.htm
  • 42) https://ijme.in/wp-content/uploads/2019/10/09.-COCHRANE-COLLABORATION.pdf
  • 43) https://www.statnews.com/2020/03/17/a-fiasco-in-the-making-as-the-coronavirus-pandemic-takes-hold-we-are-making-decisions-without-reliable-data/
  • 44) http://www.nogracias.org/2018/11/18/carta-john-ioannidis-la-ministra-salud-dinamarca-defensa-peter-gotzsche/
  • 45) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.98.
  • 46) https://ligacontraelsilencio.com/2020/06/04/vacuna-contra-la-covid-no-sera-un-bien-publico-mundial-ex-oms/
  • 47) https://www.who.int/csr/disease/swineflu/frequently_asked_questions/pandemic/es/
  • 48) https://www.prosalud.org/noticia?id=66&cat=18
  • 49) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.25.
  • 50) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Pp.145-156.
  • 51) https://www.actasanitaria.com/vacuna-covid-de-pfizer-ciencia-y-propaganda/
  • 52) http://www.nogracias.org/2020/12/31/en-castellano-el-texto-de-peter-doshi-sobre-el-95-de-eficacia-de-las-vacunas-covid19-de-pfizer-y-moderna/
  • 53) https://twitter.com/richardhorton1/status/1326100901405331456
  • 54) https://www.opendemocracy.net/es/vacuna-covid-19-poca-transparencia-industria-farmaceutica/
  • 55) http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/6EAA15A8-75D9-4C43-B218-98D590FC247D/467922/FichavacunaPfizer_def.pdf
  • 56) Gøtzsche, Peter C. Medicamentos que matan e crime organizado. Como as grandes farmacéuticas corromperon o sistema de saúde. Ed. Los libros del lince. Barcelona. 2014. Páx.111.
  • 57) Bauman, Zygmunt e Lyon, David. Vixilancia líquida. Ed. Austral. Barcelona. 2015.
 
  • Alberto Riveiro Sambade. Sociólogo e activista social. Titulado en socioloxía pola UDC, graduado en Cooperación para o Desenvolvemento e Técnico de Servizos Sociais e Xestión da dependencia pola UDC. Excooperante da AECID.

 

Outros artigos de Alberto Riveiro Sambade en QPC

comentarios