Martes. 17.09.2024
El tiempo

Nacen as I xornadas Empresariais e Bergantiños

Nacen as I xornadas Empresariais e Bergantiños
Onte presentaronse en Carballo as primeiras xornadas Empresariais de Bergantinos Onte presentaronse en Carballo as primeiras xornadas Empresariais de Bergantinos Pequenas e medianas empresas, traballadores autónomos, emprendedores, funcionarios, analistas de riscos, inventores técnicos e xerentes de empresas familiares daránse cita os vindeiros 10, 19 e 26 de maio no marco das I xornadas Empresariais de Bergantiños que terán lugar no Fórum Carballo. Traballar para que "o tecido empresarial se fortaleza e se consolide"; ou "axudar a entender o escenario socio económico que vivimos a día de hoxe" foron algúns dos obxectivos que destacaron o alcalde carballés, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, durante a presentación do evento. Economistas que teñen traballado en marcas tan coñecidas como Ottis ou Pirelli, fundadores de empresas pioneiras como 3D Limitless, responsables de empresas da comarca con historia como Cerámicas El Progreso - con Pedro Fariña -, representantes de entidades bancarias como CaixaBank, responsables políticos como o director xeral do Igape ou cargos da Xunta, así como técnicos e asesores completan o variado programa das xornadas. Antonio Álvarez González, moderador das xornadas e socio director de Eurogabinete, entidade organizadora coa colaboración do concello e a asociación Castaño y Nogal, suliñou o carácter gratuíto de todos os faladoiros, nos que "ninguén paga por participar e ninguén cobra", para que estean abertos a todas as persoas interesadas e sobrepasen calquera tipo de barreira ideolóxica coa arela de ser útiles e "empregar o sentido común para ver os problemas e atopar solucións". Análise da situación Durante as sesións, analizaranse os condicionantes da actividade empresarial, partindo dos datos estatísticos e dos obstáculos ao emprendemento e ao desenvolvemento dos proxectos. O excesivo peche de empresas en Galicia e na comarca, con 320 baixas entre 2009 e 2014 só en Bergantiños; a carencia de sucesión nas empresas de éxito; os obstáculos políticos e burocráticos para o desenvolvemento do emprendemento; ou as carencias do crédito bancario son algunhas das problemáticas que menciona Álvarez González. Tamén se procurará sensibilizar sobre os riscos patrimoniais e os costes tributarios aos socios e empresas derivados do abuso de capitais mínimos; e especialmente buscarase formular recomendacións para consolidar proxectos, reducir o fracaso ou evitar, na medida do posible, os peches empresariais. Asistencia Aínda que a asistencia a todas as citas é gratuíta, por motivos de aforo é preciso formalizar inscrición previa, que pode facerse a través da páxina web www.eurogabinete.com ou do teléfono 981 126 069. As citas serán no Fórum Carballo a partir das 18.45 horas, coa recepción de participantes e público de 18.15 a 18.45 horas. Está previsto que en cada xornada haxa tres sesións de carácter participativo, na que se conta coa implicación dos asistentes para conseguir desenvolver unha cita práctica e útil. Máis información Fonte

Comentarios