Os Naufraxios toman vida

Ademais das citas desta fin de semana en Razo e o Faro Roncudo, o proxecto “Naufraxios da Costa da Morte” terá un percorrido moito máis longo este verán. A iniciativa de aAntena conta tamén co apoio de O Teu Xacobeo, o que lle permitirá chegar durante a última quincena deste mes de agosto a unha marea de lugares simbólicos da nosa comarca para seguir espallando o valor inmaterial dos nosos pecios, da nosa historia salgada.
O programa inclúe 12 funcións, e tamén 16 rutas guiadas, distribuidas nos concellos : Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica, Muxía. Así, mesturando funcións teatrais coas rutas poderemos coñecer os pormenores dos barcos afundidos na ría e no litoral da costa de Camariñas.
As funcións
Bernardino Martinez adapta un texto para cada naufraxio, para cada traxedia, unha proposta única e propia para cada lugar. O espectáculo en "site specific" dirixido por Xosé Leis, conta con dúas actrices (Alicia Baña e Andrea Rodríguez), dous actores (Berni Martínez e Antonio Miranda) xunto a un acordeonista en directo (Klaus Martinez).
As representacións serán ás 23:00h, e o programa é o seguinte:
- Martes 16 de Agosto Malpica. Ermida de San Adrián.
- Mércores, 17 de Agosto. Camelle. Entorno Praia de Camelle.
- Xoves 18 de Agosto. Caión. Oficina de Turismo. Campo da antiga reitoral
- Venres. 19 de Agosto. Traba de Laxe. Área recreativa de Mórdomo.
- Sábado. 20 de Agosto. Arou. Praia de Lobeiras.
- Domingo 21 de Agosto. Cemiterio dos Ingleses. Camariñas
- Luns 22 de Agosto. Entorno Faro de Lariño. Carnota (ás 22:00 horas)
- Martes 23 de Agosto. Muxía. Punta da Barca.
- Mércores, 24 de Agosto. Fisterra. Hotel Bela Fisterra.
- Xoves 25 de Agosto. Entorno da Fervenza do Ézaro
- Venres 26 de Agosto. Cee. Entorno Praia da Concha.
- Sábado 27 de Agosto. Corcubión. Entorno de Praia de Quenxe.
As rutas
As rutas guiadas serán contactadas previamente polos usuarios e serán camiños pertencentes á contorna do concello beneficiario da acción, conducindo aos participantes por enclaves naturais e patrimoniais destacados. Un xeito de exaltar a cultura do invisible, o tecido que une aos habitantes dun camiño especial como é o Camiño do fin do mundo.
- Ruta Norte: ruta circular con inicio e fin no Porto de Laxe para coñecer a historia do Adelaide nun recorrido pola costa ata Malpica para descubrir historias de barcos como: Kenmore, Adelaide, Chamois, Priam…
Ten paradas: Praia de Traba, Faro de Laxe, Faro de Roncudo, Faro de Punta Nariga, Cabo de San Hadrián e Malpica . - Ruta Centro: Percorrido circular pola Costa do concello de Camariñas para coñecer os espazos e lugares dos naufraxios máis significativos: Banora, Serpent, City of Agra, Iris Hull, Trinacria.
Ten paradas en Cereixo, Porto de Camelle, Porto de Santa Mariña, Praia de Lobeiras (Arou), Cemiterio dos Ingleses, Faro Vilán. - Ruta Sur: ruta circular con inicio e fin na punta da Barca para ollar os restos do naufraxio petrificados da Virxe da Barca para percorrer a costa polos cabos de Touriñán, Fisterra e Cee e acadar a praia do Ézaro para coñecer historias como a Flotilla de Padilla, os barcos como o Sunrise e o Great Liverpool.
Ten paradas en: Punta da Barca, Faro de Cabo Touriñán, Faro de Fisterra, Faro de Cabo de Cee, Praia de Gures e Ézaro.
Para todas as rutas (teñen un custe de 20 euros) hai dous puntos de encontro (Porto de Camariñas ou Porto de Laxe), arrincan ás 10:00h e duran 4 horas. Vaise en furgoneta de 9 plazas para o recorrido. Visita con guía especializado. Compre reservar en https://www.aantenasc.com/.
NOVAS RELACIONADAS
- Agosto 22: Volven as representacións dos naufraxios de aAntena en lugares simbóilicos da Costa como Razo e o Faro Roncudo
- Setembro 21: O Ézaro e Quenxe acollen as primeiras representacións teatrais sobre naufraxios de aAntena.
- Setembro 21: aAntena recupera a historia dos nosos Naufraxios da Fin da Terra.
- Agosto 21: Volven as pantasmas das Noites dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses .
- Agosto 21: Volven ás Noites de Naufraxios ao Cemiterio dos Ingleses.
- Novembro 2020: Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra.
- Agosto 2020: As historias dos naufraxios de Aantena chegan ata Bergantiños