Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volven as representacións dos naufraxios de aAntena en lugares simbóilicos da Costa

Naufraxios comparsa final 2 copia
Volven as representacións dos naufraxios de aAntena en lugares simbóilicos da Costa

Este é o trailer do proxecto “Naufraxios na Costa da Morte”. Unha iniciativa da compañía costeira aAntena, apoiada pola Deputación, que leva dende 2016 facendo representacións en lugares singulares da nosa comarca. Xosé Leis e Bernardino Martínez traballan pola posta en valor do noso patrimonio invisible, recuperando tradicións, recuperando e espazos singulares, e contando pequenas historias sobre a nosa historia vencellada ao mar e aos naufraxios.

Deste xeito, e volvendo a aquel 14 de xaneiro de 1904 cando aparecía a primeira cita do topónimo "Costa de la Muerte" nun artigo publicado por José Lombardero no diario coruñes El Noroeste un relato sobre tres buques náufragos, aAntena utiliza o teatro, e as rutas guiadas, como método de difusión.

Coa intención de se converter en reclamo turístico, este espectáculo multidisciplinar volve cas dúas primeiras intervencións. Serán o 13 de agosto ás 23:00h na praia de Razo (Carballo) e o día 14 ás 23:00h no Faro Roncudo, dous espazos polos que aínda non pasaron as funcións.

As actividades son de balde, pero cómpre facer as reservas na web www.aantenasc.com.

Naufraxios ambientación espazo 2 copia
Preparando o evento na praia de Quenxe

As funcións

Unha función escrita por Bernardino Martinez, utilizando as traxedias propias de cada lugar para seren representadas, construíndo unha proposta única e propia para cada lugar. Unha sucesión de escenas onde os vivos, mortos, ausentes explican o que aconteceu nos tráxicos momentos, nunha atmósfera onírica apoiada por luz tenue, acordeón en directo, a salitre no ar e a música das ondas como fondo do espectáculo. Espectáculo en "site specific" dirixido por Xosé Leis.
Un espectáculo que conta con dúas actrices (Alicia Baña e Andrea Rodríguez), dous actores (Berni Martínez e Antonio Miranda) xunto a un acordeonista en directo (Klaus Martinez).

Naufraxios escena 4 copia

Ruta dos Naufraxios

Como complemento ás funcións teatrais a Ruta dos Naufraxios, trasladará ás visitantes a coñecer os pormenores dos barcos afundidos na ría e no litoral da costa de Camariñas.Percorrido circular pola Costa do concello de Camariñas para coñecer os espazos e lugares dos naufraxios máis significativos: Banora, Serpent, City of Agra, Iris Hull, Trinacria.

Haberá paradas en Cereixo, Porto de Camelle, Porto de Santa Mariña, Praia de Lobeiras (Arou), Cemiterio dos Ingleses, Faro Vilán.

A ruta sairá os días 12 e 21 de agosto, partindo da Praza do concello de Camariñas, cunha duración de 10:00h a 14:00h. O despraza,mento será nunha furgoneta de 9 prazas e vaise cun guía especializado e compre reservar en https://www.aantenasc.com/.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios