Nova e exitosa presentación do libro do SEMESCOM sobre o río do Porto en Teo

Ata Cacheiras (Teo) se desprazaron tres dos autores do libro "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira" o pasado venres 29 de marzo. Despois das completas presentacións en Zas e na propia Ponte do Porto, tocaba saír da comarca para ensinar os nosos tesouros naturais e patrimoniais.
Presentados por un namorado da Terra de Soneira e da Costa da Morte, o arquiveiro municipal de Teo, Pablo Sanmartín, Evaristo Domínguez, Xan Fernández e Xosé Mª Lema conseguiron levantar grande interese entre os 40 asistentes polo libro, sobre todo polas paisaxes do río nos seus tres tramos e tamén polos múltiples aproveitamentos (muíños, centrais eléctricas, piscifactorías, portos fluviais...). Así mesmo, levantou interese a historia dos nomes do río ó longo dos séculos.
Entre os asistentes, estaba o alcalde de Teo, Rafael Sisto, e o presidente do colectivo A Rula.
A Fervenza do Rabiñoso, unha das paradas da ruta polo río do Porto que embelesou aos asistentes
Novas relacionadas
- A veciñanza rescata a súa historia nas presentación das guías de Brandomil e do río do Porto.
- O SEMESCOM recupera o nome do río do Porto.
- O Camiño “De Santiago a Muxía por Brandomil” xa ten a súa guía:
Máis novas