Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Nova tempada do Boletín de Novas da radiONeria e Radio Roncudo

Nova tempada do Boletín de Novas da radiONeria e Radio Roncudo
Image Continúan as rados irmandadas da Costa da Morte seguindo a actualidade da Costa da Morte. Gracias ao Boletín de Novas que trae o equipo de QPC as a radiONeria e Radio Roncudo poden disfrutar cada mañá da actualidade máis fresca. Cada día, nas ondas do 107.8FM na comarca de Fisterra e Carnota; e no 106.1FM nas Terras de Bergantiños, as novidades chegan puntualmente ás 8:30h, 9:00h, 9:30h, 10:00h, 15:00h e 19:00h.

Xa na rede

Ademais, xa podes escoitalo tamén a través da rede. Só tes que darlle a "Me gusta" na paxina de Facebook da radiONeria, onde colgamos todos os boletíns a primeira hora da mañá. Tamén poden conectar directamente coa emisora entrando no blog radioneria.blogspot.com, onde tamén se pode escoitar a radio por internet.

Image

Coa música galega

Ademais, a emisora municipal de Corcubión segue apostando pola "música jalleja dajora". E as sintonías do boletín chegan gracias á banda os Ulträqäns. Iso si, as "Noticias de ayer" son dos arxentinos Redonditos de Ricota.

Máis información

Fonte

Comentarios