Novo impulso para que os parques comarcais de Bombeiros volvan a mans públicas


Parece que non era outro farol. O pasado xullo de 2017 a Deputación anunciaba que se puña a traballar para implantar a xestión directa dos Parques Comarcais de Bombeiros da provincia. Onte, a entidade anunciaba que Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña segue avanzando nos trámites para levalo adiante e suprimir a xestión por parte de empresas privadas dun ámbito como o das emerxencias.
Quedou constituída a comisión que se encargará de redactar a memoria que avale a viabilidade do cambio no modelo de xestión do servizo, constuída por representantes políticos da institución provincial e a Xunta de Galicia e persoal técnico. Así,
O documento será elevado ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que será que autorice ou non o cambio de modelo de xestión dos parques de bombeiros coruñeses.
A comisión
A comisión está presidida polo presidente do Consorcio e da Deputación, Valentín González Formoso, e integrada polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato; a secretaria da delegación provincial da Xunta, Patricia Rodríguez Franco; o director xeral de Emerxencias, Luis Menor Pérez, e a deputada provincial Ánxela Franco.
Como membros técnicos forman parte tamén da mesma Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias; Manuel Martínez Varela, xefe do servizo de Réxime Xurídico, José Manuel Pardellas, interventor da Deputación; Ana Marcos, xefa do servizo de Persoal da Deputación; Carlos García Touriñán, director da área de Seguridade do Concello da Coruña; Rafael Díaz-Aguado, xefe do servizo de Promoción Económica da Deputación; José Luis Barca, xerente do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña; e Graciela Rivero, secretaria-interventora do Consorcio.
Novas relacionadas
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
- A Asociación Forestal de Galicia amosa a súa preocupación polo descoido da Xunta na xestión da madeira queimada.
- Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque.
- A #ILPdoBosque recibe o apoio aos alcaldes de Bergantiños.
- 60 organizacións de toda Galicia lanza unha ILP contra a invansión dos eucaliptos.
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
- Por que os lumes queiman agora máis hectáreas ca nos noventa?.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).