Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O novo podcast sobre a Historia de Galicia empeza co reino medieval galego

Que din os rumosos
O novo podcast sobre a Historia de Galicia empeza co reino medieval galego

Xa está na rede ‘Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia’. Trátase da nova serie de podcast sobre a historia de Galicia, producida libremente polos portais web www.historiadegalicia.gal e www.rutasdehistoria.gal e da man do xornalista, divulgador e profesor universitario Xurxo Salgado que conta con historiadores, investigadoras e arqueólogas.

O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país, e comeza cunha serie sobre reino medieval de Galicia, desde a chegada dos suevos ata as guerras Irmandiñas e a coñecida como “doma y castración del Reyno de Galicia”. Son seis programas nos que se abordarán a Galicia medieval, o reino suevo, o papel da Igrexa neste periodo, a relación entre a nobreza, os servos e os viláns, o papel das mulleres na Idade Media e as revoltas irmandiñas.
Escoitaremos a Anselmo López Carreira, Carlos Tejerizo, José Miguel Andrade Cernadas, Xosé Sánchez Sánchez, Marcos Fernández, Diana Pelaz,  Miguel García-Fernández, Carlos Barros e Alfredo Erias. Ademais, en cada programa hai tres microespazos independentes realizados polo arqueólogo Xurxo Ayán; a divultadora e especialista en historia da arte, Carolina Casal e o actor e divulgador Avelino González.

A serie de podcast será emitido ademais por Radio Tui, Radio Estrada, Raio Xente de Teo, Radio Fusión, Radio Roncudo e Radio Neria, e poderá ser descargado polos e polas lectoras dos xornais Galicia Confidencial, Que pasa na Costa, Xornal de Vigo, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Lugo Xornal e do portal web neofalantes.gal.

O primeiro episodio podedes escoitalo xa na plataforma iVoox ou en Spotify.

Comentarios