Luns. 29.04.2024
El tiempo

Novos ecos xudiciais das rifas veciñais provocadas pola mina de Corcoesto

Novos ecos xudiciais das rifas veciñais provocadas pola mina de Corcoesto
Asociacion Peton do Lobo

Seguen os ecos da mina de Corcoesto pola zona. Precisamente, falamos hoxe dun exemplo de como os conflitos sociais entre veciños creados polo proxecto mineiro seguirán vivos durante moito tempo, como reflexionaban os asistentes á proxección do documental Tesouro de Corcoesto.

Falamos dunha denuncia que unha veciña da zona, partidaria do proxecto mineiro, realizou contra a A Asociación Autonómica e Ambiental Petón do Lobo. Unha denuncia, que segundo nos conta a propia entidade, vén de coñecer a súa resolución, na que os xulgados de Carballo desestiman as acusacións e amparan a plena legalidade dos acordos adoptados pola xunta directiva da mesma, saíndo así reforzada a súa xunta directiva actual e a legalidad da mesma. A sentenza de instancia desestima as pretensións da demandante que solicitaba a nulidad de todos os acordos sociais adoptados pola entidade desde o ano 2010.

A actual xunta directiva da asociación, lamenta que o trasfondo de todo o conflito xudicial sexa o errado proxecto minero de Corcoesto, xa que a actora, segundo a entidade, “únicamente pretendía silenciar á veciñanza de Corcoesto que se opoñía ao proxecto minero, tal e como demostra o contido da demanda presentada no seu día, e o feito de que os seus letrados fosen persoas vinculadas ao mundo da minería, e os negocios mineros, e en concreto que uno deles, estivese estrechamente vinculado a mineira de corcoesto”, sinala o Petón.

Así o Fallo da Sentenza de 2 de Marzo de 2015, notificada o día de hoxe ás partes, desestima a demanda formulada pola procuradora, afirmando que “a convocatoria fíxose de forma que posibilitou o coñecemento de todos os socios, e mediando o período de tempo suficiente, entre a convocatoria e a celebración, para que todos puidesen acceder a devandita Asemblea”. Indica tamén que “Non se pode afirmar que se vulnerou o dereito de asistencia e participación da actora, que de producirse, si supoñería unha vulneración dunha norma de dereito necesario que conllevaría necesariamente o seu nulidade”.

Esperemos que o caso esmoreza así, e as partes vaian volvendo a levarse mellor, en tanto que malia que a mineira marche, os veciños quedarán sempre.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios