Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEIP de Canosa-Rus gaña o premio Concepción Arenal por un proxecto de igualdade de xénero

O CEIP de Canosa-Rus gaña o premio Concepción Arenal por un proxecto de igualdade de xénero
O xurado dos premios Concepción Arenal dou onte a coñecer os centros educativos gañadores O xurado dos premios Concepción Arenal dou onte a coñecer os centros educativos gañadores O C.E.I.P. de Canosa-Rus, de Coristanco, acaba de gañar o premio Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero convocados pola área de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña. O centro de ensino de Coristanco foi o gañador da Modalidade A, de Educación Infantil, grazas ao seu proxecto “Sementando a igualdade no rural”. O xurado valorou, entre outras cousas, a implicación de toda a comunidade educativa, incluíndo ás familias e outras organizacións da contorna. Considerouse ademais que o plan de difusión do proxecto está moi ben definido. Xunto co de Coristanco, tamén resultaron gañadore o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol, na modalidad de Educación Primaira, e o I.E.S. Fraga do Eume de Pontedeume, na categoría Educación Secundaria. A deputada nacionalista, Ánxela Franco, agradeceu aos centros de ensino a súa implicación nesta convocatoria e desexou que os proxectos non só sexan aplicados nos centros senón que sirvan de modelo para dar ideas de cara eliminar a discriminación nos centros de ensino. “O obxectivo de conseguir a igualdade nos centros de ensino é clave para unha sociedade de futuro sen machismo e sen desigualdades. Desde as institucións cómpre traballar no ámbito escolar que é onde se forman os homes e mulleres do futuro”, sinalou a deputada na xuntanza do xurado que deu a coñecer os centros gañadores. Fonte  

Comentarios