O Consello da Xunta aproba o gasto da Autovía Costa da Morte

08:34 24/12/10

Previsións temporais
E unha vez máis traemos as novas previsións, que varían mes a mes sen rectificación nin explicación. Por exemplo, se voltamos ata maio deste mesmo ano a Xunta anunciaba que as obras da Autovía entre Carballo e Berdoias non comezarán ata setembro. Con todo, a nova información sae en clave positiva, por susposto, e aseguran que "o novo prego prevé unha redución do tempo de execución en tres meses e o prazo concesional en 5 anos, quedando en 25 anos". Estas son os novos prazos.- Licitación da concesión neste mesmo ano do 2010. Na actualidade estanse a ultimar os pregos de cláusulas administrativas particulares.
- A adxudicación será antes do verán do ano 2011.
- O prazo máximo para a entrada en servizo da autovía será de 27 meses.
- Remate das obras dentro desta lexislatura no 2013.
Novas relacionadas
- As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011.
- Dúbidas e promesas sobre os prazos da VAC.
- As obras da Autovía entre Carballo e Berdoias non comezarán ata setembro.
- Os empresarios da Costa reividican unha atención especial das adminstracións.
- As parcelas dos parques empresariais non pasarán de 40€/m2 .
- A Costa do Retraso.
- 15-03-10: Uns parches na estrada comarcal Carballo-Fisterra .
- Atención, perigo, señoras vestidas de negro pola calzada.
Fonte
- Nota de prensa de MATI.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.