O Efa-Fonteboa analiza as instalacións gandeiras
08:03 26/10/16
Hoxe terán lugar no EFA-Fonteboa de Coristanco as xornadas de instalacións gandeiras que se enmarcan dentro do programa de actividades de formación continua organizado polo centro de ensino. Manuel Rodríguez - de Ingeniería Rodríguez S.L. - será o encargado de abrir as xornadas ás 10 horas cunha charla sobre o proceso de execución do Plan de Mellora. Continuarán coa intervención de Rocío Rodríguez - directora de Produto España-ERIMSA - na que falará do emprego da area como cama para as vacas de alta producción.
Tras os un descanso para o café, as xornadas continuarán coa charla de Adrián Cundín - de Gandeiros de Xallas e Barcala SCG - que contará a súa experiencia sobre os criterios nas instalacións de xovencas. Á unha da tarde, Alberto Mourelle - técnico de Ferrocar S.L. - inaugurará a aula Polivalente Ferrocar.
As xornadas rematan pola tarde, despois do estudo dun caso concreto. Os asistentes poderán analizar as inversións de SAT Vigo, situada en Malpica de Bergantiños.
Os interesados en participar nas outras xornadas que se inclúen deste programa de formación continua poden inscribirse no 981 733 051 ou no enderezo electrónico [email protected]
Novas relacionadas
- O Efa-Fonteboa organiza unha xornada sobre as pradeiras
- EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- EFA-Fonteboa