Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Fórum Carballo abrirá unha sala de coworking para emprendedores

O Fórum Carballo abrirá unha sala de coworking para emprendedores
Forum Carballo exterior O Forum Carballo é un centro formativo de gran actividade

18 autónomos e emprendedores relacionados cos sectores tecnolóxicos e da innovación poderán acodir a traballar ao novo centro de coworking que a Deputación vai abrir no Fórum Carballo. Así o acordaron despois do acordo entre Concello e ente provincial, que suporá un investimento 93.750 euros dos que o 80% (75.000 €) serán achegados pola Deputacióna través dos fondos da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego Local (PEL-Emprende).

Un proxecto, enmarcado na nova Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo, impusaldo para “crear sinerxias e transferencias de coñecemento” entre empresas de nova creación. Será un espazo de 160 metros cadrados do segundo andar do edificio 1, no que (conxuntamente cun auditorio con aforo para 120 persoas) conviven diferentes salas de usos múltiples. Trátase dun espazo diáfano, versátil e con amplos ventanais que permiten a entrada de luz natural. O centro terá capacidade para a instalación de 18 emprendedores, ademáis de contar con espazos para un/unha técnico de dinamización e un/unha auxiliar administrativo/a. Ademáis, o espazo de traballo colaborativo utilizará as infraestruturas do Fórum Carballo que sexan necesarias para desenvolver as súas actividades (salas de formación, auditorio, salas de reunións, despachos…) Nunha segunda fase levarase a cabo o proceso de capatación e selección dos usuarios do centro, a implantación da imaxe corporativa e accións de promoción e difusión. Na última, o equipo técnico analizará as necesidades específicas dos proxectos empresariais implantados e desenvolverá un programa formativo e traballos de mentoring para a consolidación e desenvolvemento dos proxectos empresariais.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-cowoking-da-costa-da-morte-impulsa-vinte-novos-proxectos-vinculados-a-distintos-sectores/ https://quepasanacosta.gal/17-emprendedores-reciben-formacion-no-espazo-coworking-de-cabana/

Comentarios