O GDR Costa da Morte únese ao proxecto “Novos Horizontes”


A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte - GDR –presidida por Manuel Muíño- vén de aprobar un novo proxecto e de revisar seis máis. Ademais, un dos detalles máis significativos da asemblea foi a petición de Adhesión ao GDR Bergantiños para participar no Proxecto de Cooperación Interterritorial “Novos Horizontes”. Proxecto no que se está a expandir as sementes autóctonas.
Máis información
Proxecto aprobado
O Proxecto Aprobado é a “Ampliación Carpintería de Madeira” (Carreira – Zas). O orzamento ascende a 75.236 €, e o importe da axuda sitúase nos 30.019 €, o que supón un 39,9% sobre o total.
O proxecto conta coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foi aprobado pola Xunta Directiva do GDR Costa da Morte. Agora remitiuse novamente a AGADER para que este organismo emita a resolución e lla envíe ao promotor.
Proxectos Revisados
Revisáronse os seguintes proxectos: “Ampliación de maquinaria dunha empresa de servicios agrícolas, gandeiros e forestais” (Vilachán (Morquintián) –Muxía), “Modernización de panadería e pastelería” (Fisterra), “Instalación de fábrica de equipos de frío industrial” (Vimianzo), “Instalación de taller de mantemento e reparación de equipos de hostalería” (Vimianzo), “Adecuación de local para academia de ensinanza de formación e perfeccionamento non superior” (Vimianzo), “Nave para instalación, fabricación e montaxe de estacións meteorolóxicas” (Vimianzo).
O montante total de inversión prevista destes 6 proxectos ascende a 1.538.695,30 €, e a subvención solicitada ascende a 504.894 €.
Estes seis proxecto foron enviados a AGADER e agora estase a espera de recibir a verificación do ICE.
Máis información
- 981 71 73 58 (Centraliña).
- www.gdrcostadamorte.com.
Novas relacionadas
- O GDR Costa da Morte aposta por unha clínica de podoloxía en Mazaricos e un centro social en Vimianzo.
- O GDR Bergantiños aposta polo turismo.
- Bergantiños tamén quere millo corvo polo proxecto Novos Horizontes.
Fonte
- Nota de prensa do GDR Costa da Morte.
