Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A hidrografía no concello de Dumbría

O Modesto Patrimonio: A hidrografía no concello de Dumbría
Lagoa de Cabral Lagoa de Cabral

Todos sabemos que a hidrografía é unha parte da xeografía que estuda todo o que está relacionado coa auga, como mares, ríos, fontes e lagos. Deste último apartado imos comentar o relacionado co concello de Dumbría. No seu territorio ten varias charcas e lagoas naturais, moitas delas coñecidas como “Eira dos Mouros,” que secan no verán, e outras xa desapareceron. Imos inventarialas por parroquias.

Berdeogas: ten unha no Alto de Cabral, coñecida como “Eira dos Mouros” que seca no verán.

Lagoa Alto da Pedra Ventosa-Dumbria Lagoa Alto da Pedra Ventosa

Buxantes: ten unha na Pedra Ventosa da Filgueira, outra nas Legüíñas, e outra nas Lagoas, dúas no Alto de Cabernalde, outra no Fial da Grúa, outra na Eira dos Mouros,xa desaparecida, e outra no Alto do Paraíso.

Dumbría: tiña unha no Lousado (desaparecida)

Olveira: ten dúas no Alto do Logoso, outras dúas no Chan das Lagoas (desaparecidas) e outra na Boudañeira (desaparecida).

 

O Ézaro ten dúas no Alto da Pena, unha coñecida como Eira dos Mouros e outra como Lagoa Pequena; outra no Monte Maior coñecida como Lagoa Seca e outra no Campo Longo.

Salgueiros: tiña a Lagoa das Brañas de Mintiráns, a Lagoa de Trabe e a Lagoa de Altalamaña, nas Pedras Rubias.

Olveiroa: ten a Lagoa do Cuireiro na Ponte Olveira. Desta última imos falar a continuación.

Lagoa do Cuireiro-Dumbria Lagoa do Cuireiro

Está situada a uns 500 m. augas arriba do río Xallas, na marxe dereita, do lugar da Ponte Olveira. Ten unha lonxitude de uns 120 m. por uns 4 m. de ancho. Ten moita profundidade e, según contan os lugareños, en tempos de sequía pode chegar aos 3 m. polo lateral norte. O seu caudal varía en función da crecida do río Xallas polo que sospeitamos que debe  estar comunicada por algunha canle interno.

Vista sobre o terreo sácase a conclusión de que forma parte dun brazo do río principal e formaba unha illa que co paso do tempo foise entullando, quedando este cacho aillado. Si ollamos a foto aérea do ano 1959, tamén vemos no río principal unha presa que debía alimentar a un muíño no lateral esquerdo. Tamén encontramos augas abaixo os restos dunha corredoira que debía cruzar o rio por un vado cara á Mazaricos.

Se retrocedemos na historia, cando Sancho IV, coñecido como “O Bravo,” rey de Castilla, concédelle determinados privilexios aos dominios de Alfoz de Muros, a onde pertencía Mazaricos, non existía a actual ponte medieval, polo que ese camiño debía de ser o primitivo paso cara á Fisterra.

Mapa da Lagoa de Cuireiro e Ponte Olveira-Dumbria Mapa da Lagoa de Cuireiro e Ponte Olveira

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-a-ferigresia-de-refoxos/ “O Modesto Patrimonio: A Pedra do Encanto de Olveiroa” — Que pasa na costa

Comentarios