O presunto trato de favor con Mercandona en Cee chega ao Parlamento


En decembro anunciabamos que a Xunta estaba a facer espazo ao Mercadona cun novo acceso no polígono de Cee. Un acceso que lle vai costar á SEA (Suelo empresarial del Atlántico), empresa mixta formada nun 85% polo Ministerio de Fomento, e nun 15% pola Consellería de Medio Ambiente, unha inversión de máis de 700.000 euros para.
Dende o BNG ceense consideran que “estamos a falar dunha empresa pública que vai invertir diñeiro de todos e todas para satisfacer as necesidades dunha empresa privada”.
Recordan tamén que “a poucos centos de metros, xa hai implantados tres grandes superficies, Gadis, Día e Eroski, que no seu día se colocaron no lugar sen axuda algunha”. O que ademais provoca as xentes “deixan de gastar na bisbarra, o sector do comercio está mais que saturado, o que inevitablemente levará ao peche ou perda doutros postos de traballo, ben sexa no pequeno comercio local, ben sexa nas outras grandes áreas, ou incluso nas dúas”. “Desgrazadamente, esta firma non vai mais que acrecentar a paulatina destrucción do comercio local de Cee, conclúen.
Así, cren que “debería replantexarse a inversión”, polo que presentarán varias preguntas no parlamento sobre o asunto:
- Por que SEA realiza un envestimento de mais de 700000 euros, para proporcionar un acceso directo a Mercadona, cando o parque empresarial ten xa unha entrada a uns 500 metros?
- Non consiedara a Xunta de Galiza que con este investimento de cartos públicos, estase a favorecer unha empresa que vai competir directamente coas xa existentes?
- Non considera a Xunta de Galiza, que este trato a empresa vai acrecentar máis a destrucción do tecido productivo e comercio local?
- Hai algún compromiso da firma valenciana, do mantemento dun número de postos de traballo fixo, tendo en conta as novas formas e maneiras de cobro que se están implantando nese tipo de comercios?
Novas relacionadas
- 13-12-2013: A Xunta faille espazo ao Mercadona cun novo acceso no polígono de Cee.
- 30-11-12: Mercadona xa mercou dúas parcelas no Parque Empresarial de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.