O sector lácteo concentrarase en Santiago
07:15 23/03/16
A industria ameaza con non recoller o leite de moitas das granxas e cooperativas da comunidade. Imaxe: Eu son MZ
O próximo xoves 31 de marzo, o sector lácteo está chamado a unha concentración en apoio ao sector que terá lugar ás 11:30 horas diante do edificio da Xunta en San Caetano. Esta medida, organizada polos colectivos integrantes da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego, tomárona ante as ameazas das industrias de deixar de recoller o leite en numerosas granxas e cooperativas, polo prezos, pola pasividade da administración,... situación que está levando a que moitas granxas de leite da Costa da Morte xa se cambiaran á producción de carne.
Esta é a primeira das mobilizacións que se levarán a cabo en protesta pola desaparición do sector lácteo galego do que directa e indirectamente viven miles de familias.
No mes de setembro do 2015, o Ministerio asinou coa Industria e coa Distribución un acordo no que se prevía a construción dunha cadea de valor sostible, garantindo as marxes de todas as partes da cadea. "Fronte a estas declaracións de intencións, centos de granxas galegas estamos a percibir os prezos máis baixos do estado e da UE", sinalan dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo.
Durante todo o ano, as granxas galegas rexistraron os prezos máis baixos de todo o estado. A caída de prezo medio nos últimos dous anos foi de 20,10% no estado (de 0,388 euros en novembro de 2013 a 0,31 euros en novembro de 2015), mentres que enGaliza a caída foi dun 26,41 % (de 0,39 euros en novembro de 2013 a 0,287 en novembro de 2015).
Ameazas
A Plataforma critica que mentres as granxas galegas recibían ameazas de que se lles deixaba de recoller o leite, seguía a incrementarse a chegada de fóra de produtos lácteos a baixo prezos como queixos e mesmo de leite líquido, sen que houbese un sistema de seguimento transparente tanto en relación coa entrada e saída de produto de leite nas industrias, así como nos prezos de pagamento e de cesión logo á distribución, ou mesmo no destino real de moito do leite que se pagaba a prezos de leite en pó ou para a intervención.
Ao parecer, nestes meses tamén houbo un número moi importante de granxas que tiveron que afrontar impagos, especialmente por parte de primeiros compradores, a imposición de condicións e de liquidacións mensuais abusivas, nas que se vulneran os dereitos das persoas produtoras.
Novas relacionadas
- 12-02-16: O sector lácteo inicia unha rolda de contactos cos partidos políticos
- 26-01-16: Gandeiros do Xallas cambian “ghaspeadas leiteiras” por “rubias galegas” de carne
- 17-11-15: A plataforma do sector lácteo anuncia novas protestas a partir do día 23
- 23-09-15: “O Ministerio non apurou todo o que lle pedimos os gandeiros e temos un acordo lácteo descafeinado”
- 17-09-15: Rematou o bloqueo ás industrias lácteas.
- 15-09-15: Os tractores colapsan as rúas do polígono industrial de Sigüeiro.
- 14-09-15: Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
- 11-09-15: Os Gandeiros seguen na loita e deciden bloquear as industrias do país cos seus tractores.
- 10-09-15: 15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo.
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego