Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O sector lácteo esixe solucións urxentes para as granxas ás que lles deixan de recoller

O sector lácteo esixe solucións urxentes para as granxas ás que lles deixan de recoller
concentracion sector leiteiro santiago 31 marzo 2016 O sector lácteo continúa en pé de guerra. Baixo un panorama no que un bo número de explotacións non teñen garantida a recollida do leite a partir do venres, día 1 de abril, a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo galego fai un chamamento a todas as persoas, que dun xeito directo ou indirecto dependen da produción de leite, así como á sociedade en xeral, para que participen mañá xoves, ás 11:30 horas, na concentración que terá lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano. Con esta concentración, o sector lácteo esixe solucións inmediatas para todas estas granxas que non teñen garantida a recollida do leite, así como a posta de medidas urxentes que leven a unha recuperación inmediata de prezos no conxunto do sector. Esta concentración conta co apoio de todas as organizacións que forman parte da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo galego (grupos comarcais de gandeiros, Agaca, Gandeiros de Mazaricos, Fruga, OPL, Oruga, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias), así como coa participación de representantes de AgroMuralla. "Esiximos a intervención inmediata do presidente Feijoo con respecto á situación crítica que está a vivir o sector lácteo e lembramos que el mesmo se presentou en setembro como garante de cumprimento do acordo", aseguran dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo. Segundo a súa opinión, o goberno galego debe ter unha "actuación contundente fronte ás ameazas de deixar de recoller e os baixos prezos" ás que están sometidas as ganderías galegas por parte das industrias, e esixirresponsabilidades ao propio Ministerio, que esta mesma semana chegou a admitir o fracaso total da súa política con respecto ao sector, chegando ao extremo de “augurar” o peche de 5.000 granxas de leite nos próximos 5 anos. Dende o sector lácteo entende que o acordo de setembro impulsado polo Ministerio sirve para que as grandes cadeas de distribución obteñan os maiores beneficios da súa historia coa venda do leite, mentres que se condena á desaparición a miles de granxas de leite galegas, debido aos prezos ruinosos. Aproximadamente 500 granxas galegas xa se viron obrigadas a pechar no último ano e outras pasáronse á producción de carne, tal e como está a ocurrir na comarca do Xallas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios