martes. 03.06.2025
El tiempo

O sector turístico agarda que a Semana Santa mellore os datos do primeiro trimestre

O sector turístico agarda que a Semana Santa mellore os datos do primeiro trimestre

O sector turístico da Costa da Morte, segundo sinala a APTCM, espera que está Semana Santa sexa moi positiva para o turismo da zona. Por agora, os establecementos de turismo rural contan cun 71% de ocupación media, mentres que os hoteis cun 63% de media. Pero son moitos os aloxamentos, sobre todo de turismo rural que contan cun 100% de ocupación para a próxima semana. Ademais, coma sempre os profesionais aínda agardan as reservas de última hora.

Mal balance dos primeiros meses do ano

Pola contra, os datos de ocupación dos primeiros meses do ano non son nada positivos para o sector. En concreto, no mes de marzo a ocupación media foi dun 18% para os hoteis e dun 14% para os establecementos de turismo rural.

A publicación dos datos de ocupación é posible grazas a colaboración desinteresada dos socios da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios