O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula
O único de Formación rural da bisbarra (resulta incomprensible que sexa así), o Centro EFA Fonteboa de Coristanco, xa ten armado un estupendo programa de actividades para estes 3 meses que quedan de 2013. Un programa que levará aos alumnos por toda Galicia, vendo cousas que non se aprenden na aula.
As saídas comezarán este sábado 12 de outubro cunha visita máis que interesante, o Mercado de Produtos de Proximidade "SonDaquí", no MCC de San Agustín, na Coruña. Un xeito perfecto de decatarse da importancia de favorecer e fomentar o comecio local.
Tamén terán ocasión de aprender en clave de xénero. Viaxarán ata a comarca do Eume para coñecer a Asociación para Dinamización e Animación da Muller no Agro (ADAMA). O sábado 19 de outubro toca sesión forestal con elas; o 26 de outubro roteiro micolóxico e o 14 de decembro un obradoiro de cociña.
De micoloxía tamén aprenderán a fin de semana do 25 e 26 de outubro cun roteiro e degustación artellados dende a casa. Terán tamén un par de visitas apícolas os 21 de outubro e 20 de novembro.
E falando de gando, para o mércores 13 de novembro poderán visitar as VI Xornada Técnica de Porcino de Mazaricos; mentres que tamén participarán na V Xornada de Xestión de vacún de leite.
Como é posible que non haxa outro centro coma este no sur da Costa da Morte?
Máis información
Novas relacionadas
- Mazaricos aposta polo futuro no sector gandeiro en tempos de crise.
- Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte.
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- Un exemplo que combina turismo e produción gandeira dende Cataluña.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).