O Xuizo do Prestige existe e ten data


10 anos de periplos polos xulgados do país e hoxe, martes 19 de xuño de 2012, coñecemos cando se celebrará o xuizo do Prestige. O xuizo oral comezará na Audiencia Provincial da Coruña (tras estar durante máis de 6 anos anclado no pequeno Xulgado de Corcubión) dende o 16 de outubro ata o 29 de maio de 2013. O lugar do xuizo propiamente dito está aínda sen fixar.
Os 7 meses de xuizo e as 133 testemuñas dan conta do sumario ao que se enfronta o xuiz encargado do mesmo, Juan Luis Pía Iglesias. Hai nada menos que reclamacións por valor de 1.264 milóns de euros, contra os acusados: o capitán do barco, o xefe de máquinas e o primeiro oficial; así como o entón Director Xeral da Marina Mercante, as aseguradoras The London Steam-Ship Owners Mutual Insurance Association Limited e o Fondo Internacional de Indemnización de Danos; as navieras Mare Shipping Inc e Universe Maritime Ltd; e, por suposto, o Estado español.
Coas dúbidas de onde quedaron as axudas do Prestige, de se valeu para algo ou seguimos desexando que chegue outro (hai probas de todo o contrario); comprobando que a día de hoxe a costa segue chea de chapapote e facendo balance das terribles cifras da catástrofe medioambiental, afrontamos un paso adiante para depurar responsabilidades e facer que unha cousa así non volva pasar.
Novas relacionadas
- Lorena Martínez: As cifras do Prestige.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
Máis novas
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: "Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- CRTVE: El juicio por la catástrofe del Prestige empezará el 16 de octubre y durará siete meses.