Martes. 17.09.2019
El tiempo

Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez

Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez

Ela foi unha das que se puxo o mono branco hai 10 anos, que o recordou trala cámara de Isabel Coixet, e das que o volverá poñer o vindeiro sábado co gallo da Limpeza-Voluntaria da Ría de Corcubión.

Esta extremeña xa case é de Fisterra. Ultimamente témola en todas partes, pero é que se está en todas, é por algo, por moito que algúns veciños non poidan aceptar que os "foráneos" tamén poden querer e loitar por esta terra. Un asunto curioso, pois en calquera outro lugar do mundo, persoas coma Sole Méndez, que fan bandeira de Fisterra alá por onde van, que aprenden a lingua e o sotaque local, que aman e loitan pola terra, serían tratadas con agarimo e orgullo.

10 anos de raíces

Xa van 10 anos os que leva Sole en Fisterra. De feito, xa ten dous fillos con D.O. Lume e Alerjía, si con j de Fisterra.
Precisamente Alejría foi unha das protagonistas da posta de longo, en barco, da campaña Galicia en Color. Sole foi a voz dos milleiros de voluntarios de todo o mundo, e baseou o seu Manifesto neste debuxo da pequena Alejría, para demostrar que a Costa, efectivamente, está chea de cor.

Sen máis, deixámosvos coa entrevista que lle fixeron dende Coronita Save The Beach no marco da presentación da documental de Isabel Coixet sobre a Marea Blanca:


Os voluntarios que cambiaron a Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios