Xoves. 28.10.2021
El tiempo

O Xuizo do Prestige existe e ten data

O Xuizo do Prestige existe e ten data

10 anos de periplos polos xulgados do país e hoxe, martes 19 de xuño de 2012, coñecemos cando se celebrará o xuizo do Prestige. O xuizo oral comezará na Audiencia Provincial da Coruña (tras estar durante máis de 6 anos anclado no pequeno Xulgado de Corcubión) dende o 16 de outubro ata o 29 de maio de 2013. O lugar do xuizo propiamente dito está aínda sen fixar.

Os 7 meses de xuizo e as 133 testemuñas dan conta do sumario ao que se enfronta o xuiz encargado do mesmo, Juan Luis Pía Iglesias. Hai nada menos que reclamacións por valor de 1.264 milóns de euros, contra os acusados: o capitán do barco, o xefe de máquinas e o primeiro oficial; así como o entón Director Xeral da Marina Mercante, as aseguradoras The London Steam-Ship Owners Mutual Insurance Association Limited e o Fondo Internacional de Indemnización de Danos; as navieras Mare Shipping Inc e Universe Maritime Ltd; e, por suposto, o Estado español.

Coas dúbidas de onde quedaron as axudas do Prestige, de se valeu para algo ou seguimos desexando que chegue outro (hai probas de todo o contrario); comprobando que a día de hoxe a costa segue chea de chapapote e facendo balance das terribles cifras da catástrofe medioambiental, afrontamos un paso adiante para depurar responsabilidades e facer que unha cousa así non volva pasar.

Novas relacionadas

Máis novas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Fonte

comentarios