Obradoiros gastronómicos para comernos o mar
Nova proposta dende a iniciativa Mar Galaica do GAC 4: Obradoiros Gastronómicos Mariñeiros para que os hostaleiros da bisbarra e os turistas e veciños poidan coñecer de primeira man as propostas para a mesa de varios restaurantes referencia. Os obradoiros foron presentados no restaurante O Centolo de Fisterra a pasada tarde martes, servindo así para abrir a nova temporada gastronómica con sabor a mar.
Os catro Obradoiros Gastronómicos Mariñeiros, desenvolveranse durante os vindeiros 4 venres e durarán unha hora cada un. O turista poderá combinar a selección de peixes e mariscos en lonxas ou cetáreas e de algas nas praias e rochas para despois preparalas co cociñeiro ou cociñeira do restaurante onde elexiu facer o obradoiro e, finalmente, degustar os pratos preparados en compaña dos compañeiros de obradoiro.
O denominador común a todos os obradoiros gastronómicos son os peixes e mariscos das lonxas do territorio xa que o obxectivo das xornadas é a promoción da gastronomía do mar e da pesca artesanal e sostible.
Programa de Obradoiros
A relación de obradoiros gastronómicos mariñeiros é a seguinte:
- Venres 11 de novembro, no Restaurante Casa Pila, Lira: O pulpo de Lira na cociña de Casa Pila.
- Venres 18 de novembro no Restaurante O Centolo, Fisterra: Menú mariñeiro na cociña de O Centolo Fisterra.
- Venres 25 de novembro, no Restaurante Casa da Crega, Carnota: Algas con Pindo Mariño e cociña na Casa da Crega.
- Venres 2 de decembro, na Pensión Restaurante Casa Peto Outes: Os moluscos na cociña de Casa Peto Outes.
Continúan os Menús Gastronómicos "Cómete o Mar"
Entre mentres, a campaña Cómete o Mar continúa coa súa segunda edicion e nela participan 17 restaurantes da franxa costeira comprendida entre Fisterra e Porto do Son con menús comprendidos entre os 25 e os 35 Euros. Estes menús estarán dispoñibles todos os fins de semana comprendidos entre o sábado 28 de outubro, inicio oficial das xornadas, e o domingo 4 de decembro.
Máis información
Novas relacionadas
- II Xornadas Cómete o Mar 2011: O sur da Costa da Morte volve comerse o mar.
- I Xornadas Cómete o Mar 2010: As cocochas de bacallau e berberechos do corcubionés Rafa Fuentes foron as vencedoras do concurso Cómete o mar.
- I Xornadas Cómete o Mar 2010: A Costa sabe degustar o seu mar.
- I Xornadas Cómete o Mar 2010: As xornadas ‘Cómete o Mar’ contrarrestan a meteoroloxía coa “mellor despensa que ten Galicia”.
Máis novas
- A escaseza non impediu que Pan de Raposo xuntase máis de 100 cogumelos nas Xornadas Micolóxicas.
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- O Porco Celta loita contra o fraude da man da Slow Food.
- Un outono sabroso en Vimianzo.
- O Parlamento Europeo degusta berberechos do Anllóns.
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- Achegando o sabor do mar ao interior.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do GAC 4.