Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía

Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía

As últimas novas que temos son de xuño cando voltaban algunhas máquinas á traballar nas obras da autovía tras un longo parón dende o mes de abril. Pero o certo, e a pesar de que o Conselleiro ratificase que a Autovía rematarase no 2013 e será sen peaxe, por aquí parece claro que non hai movemento.

Ante a parálise total das obras, o alcalde de Vimianzo vén de convocar unha xuntanza de alcaldes da Costa da Morte para tratar a paralización das obras da autovía. Haberá que ver se acoden todos os alcaldes (de Laracha a Carnota), pero a xuntanza está convocada para o venres 21 ás 17:00h no concello de Vimianzo.

En abril, o Conselleiro aseguraba que o problema fundamental era o financiamento das obras por parte das entidades financeiras, e que tiñan a previsión de solucionalo durante o verán. Así, o horizonte de reinicio das obras situábase no mes de setembro, e o seu compromiso foi rematalas en prazo.
Pero estamos xa a mediado o mes de setembro as obras da autovía seguen paralizadas e a ausencia de información é evidente.

Por eso, os alcaldes queren pedir, cando menos, información. E para iso se convoca esta reunión, na que estudiarán posibles novas "iniciativas que procedan para a esixir a continuidade das obras da autovía da Costa da Morte".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa de Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo.

Comentarios