Sábado. 20.07.2024
El tiempo

Os alumnos do EFA Fonteboa beben leite galego

Os alumnos do EFA Fonteboa beben leite galego

Impresionantes os alunmos do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa de Coristanco. Hai uns meses que o centro lanzaba un novedoso concurso de vídeos para promocionar o consumo de leite de Galicia baixo o lema "Somos o que bebemos, Leite de Galicia". E xa temos resultado.

Hoxe podemos ver o vídeo gañador, feito Diego e Iván Romero e mais Juan Louzán, veciños de Morquintián, en Muxía. Os alumnos, en clave humorística anímanos co lema "Bebe leite de Galicia".

O vídeo conta a historia de Paloma, pequena tenreira de 4 anos, e natural de Muxía. A súa nai chámase Gitana, e pouco a pouco nos conta a súa historia. Ademais, o vídeo ten ata entrevistas a gandeiros da zona.

Curso de Benestar Animal

Ademais, do 26 ao 30 de decembro de 2011 van ter lugar no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa o curso de Benestar Animal para persoal de granxas e matadoiros, e o curso de Benestar Animal para persoal de transporte de animais vivos.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios