Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros sufocan un incendio nun coche en Coristanco

Os Bombeiros sufocan un incendio nun coche en Coristanco
incendio-dun-vehiculo-en-carballo-2

Ata Coristanco, tiveron que desprazarse durante a tarde de onte martes 3 de xaneiro os Bombeiros de Carballo. Un coche ardendo no lugar de Cerqueirás, na estrada DP-1912, no Concello de Coristanco.

Os Bombeiros chegaban arredor das 15:40h e procederon de inmediato a extinguir un vehículo que se atopa na beirarúa dereita da estrada, e xa prácticamente calcinado. Tocoulles tamén extinguir un pouco de maleza do monte que está xunto ao vehículo incendiado que comezou a arder como consecuencia das lapas que saían do vehículo.

Ata ás 17:30h non remataron de sufocar o incendio.

incendio-coche-carballo

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.

Comentarios