Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os comicios en Cee: A oposición buscará evitar a renovación do alcalde

Os comicios en Cee: A oposición buscará evitar a renovación do alcalde

A Operación Orquesta non lle pasou factura ao partido con máis imputados na trama. Independientes por Cee subiu nada menos que 740 votos e 2 concelleiros, e vén sendo o único grupo minoritario que se convirte na forza máis votada en toda a Costa da Morte.

Se ben non ten maioría, e todo queda pendente dos posibles pactos que se dean no Pleno Constitucional do día 11, o equipo de IxCee, con 3 imputados, podería deixar ao coñecido Plácido García, antigo presidente de Neria, como alcalde.

Tralo tremendo batacazo o PSOE de Cee, que desaparece do mapa político ceense tras baixar en case que 1.000 votos, e onde o seu Secretario da Organización, Víctor Hugo Conde, xa puxo o seu posto nas mans da Asemblea Local; BNG e PP teñen na súa man evitar que Ramón Vigo sexa alcalde. I é que esa é unha das prioridades de ambos grupos. Se ben Dani Oca leva tempo protestando pola corrupción do grupo de goberno, Zaira Trillo non acepta a agresiva actitude de Vigo contra ela durante a campaña.

Ademais, esta decisión tería consecuencias porque de non ser alcalde, Ramón Vigo tería que deixar tamén a Presidencia da Asociación Neria.

Valorando

Se ben para o grupo de goberno os resultados non podían ser mellores, o PP amósase "moi satisfeito porque seguimos mantendo os 4 concelleiros, a pesar de moitas batallas internas e todos os atrancos que tivemos", conta Zaira Rodríguez. "Contaban con que iba a haber una debacle en el PP y ahí estamos, como la segunda fuerza, a pesar de que empezamos hai escasos meses a hacer oposición, a pesar de que tuve que formarme un nuevo equipo, y con varias persoas que hicieron mucho ruído dende dentro", explica. A voceira lóubase de seguir "unha campaña limpa e somos a segunda forza máis votada", a pesar de baixar uns 250 votos.
Sobre a subida de IxCee, Zaira asegura non entendelo de todo, pero "estamos en democracia y el pueblo ha decidido".

Nesa liña, Zaira cre que "lo que va a suceder es que el partido más votado tendrá que gobernar en minoría, y eso que hace 4 años la fuerza más votada fue la del PP y al final gobernó la 3ª fuerza".

O BNG subiu arredor de 350 votos e 1 concelleiro, o que para Dani Oca son "uns resultados moi positivos". Así e todo, non esperaba unha subida tal do grupo independiente.

Malas prácticas

Dende o BNG denuncian as malas prácticas de IxCee nas votacións do domingo. "Unha cadeira de rodas na que montaron ducias de veciños carrexados a votar, un grupo de "sicarios" nas portas dos colexios..."

De pactos

Como dicimos a prioridade de BNG e PP segue a ser evitar que Vigo continúe no sillón da alcaldía. Pero non será fácil facer pactos. O PP xa avisa de que "no vamos a mover ficha", comenta Zaira Rodríguez. Iso si, "la puerta no está cerrada a nada". Pero polo de pronto, "no se puede decir nada".

Dani Oca si que valora a posibilidade de apoiar ao PP sobre todo para evitar que Vigo renove a alcaldía. "Iso sería impensable noutra situación, pero este PP tampouco é demasiado radical, e ademais hai moitas variantes. A nosa prioridade é a alcaldía, pero tamén habería a posibilidade investir a Zaira como alcaldesa e non participar do goberno".

Dani Oca ten claro que "os votos do Bloque son do Bloque, e non se poden regalar. Pero tamén sabemos que os nosos votantes o queren é ver a Vigo fóra", e lembra da importancia de que Vigo teña que deixar tamén a Neria. Todo queda nas mans da asemblea do BNG que terán a finais desta semana.

Quedan pois dúas semanas de xuntanzas, internas e conxuntas, para que o vindeiro 11 de xuño, se decida o novo alcalde de Cee.

Repaso Concello a Concello

Máis información sobre os Resultados

Fonte

Comentarios