Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os emigrantes retornados recuperan os cartos das sancións

Os emigrantes retornados recuperan os cartos das sancións
emigrantes-retornados-costa-da-morte A loita dos emigrantes retornados por regularizar as súas pensións parece que vai tocando fin... Iso é o que se deduce despois da reunión mantida na mañá de onte, luns 1 de decembro, entre os representantes da asociación de emigrantes retornados da Costa da Morte, encabezada por José María Rocha, e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo. Nesta reunión, o Goberno galego comprometeuse, por unha parte, a regularizar as pensións procedentes do extranxiero e, por outra, a tramitar a solicitude de devolución das sancións e os intereses que xa lles foron aboados ao Ministerio de Facenda. Pero antes de que se poida iniciar estes trámites será preciso que as dúas entidades implicadas, a Consellería de Facenda e a Axencia Estatal de Administración Tributaria, firmen un protocolo de colaboración para ofrecer a información necesaria aos afectados. Será a principios do ano que vén cando o Goberno abra o prazo extraordinario para a regulación. Os afectados terán seis meses de prazo para presentar as autoliquidacións complementarias dos períodos impositivos non prescritos nos que percibiron pensións do extranxeiro pendentes de declarar e que na súa inmensa maioría sen ánimo defradatorio. Deste xeito, os afectados poderán poñerse ao corrente das súas obrigas tributarias e serán exonerados de calquera sanción, recargo ou xuros de demora no momento en que ingresen o cento po ceto da cota tributaria correspondente. A delegada anunciou que tamén se condonarán as sancións, xuros de demora e recargos xa comunicados.

Comentarios