Os medios en galego subscríbense ao galego

Neste mes de maio e pola conmemoración do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), a provedora de servizos dinahosting e PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso do galego na rede a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.
E como non podía ser doutro xeito, o diario QPC, socio fundador da entidade, apoia esta campaña.
Dende o 17 de maio e ata o 31, as persoas que se subscriban a algún dos medios en galego participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde e durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.
Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.
Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:
- Tempos Novos.
- Nós Diario.
- A revista Luzes.
- Praza.gal.
- Nós Televisión
Ademais, apoian a campaña os seguintes medios, que non teñen subscrición dispoñible na súa oferta:
- Revista Pincha
- Quepasanacosta.gal
- Galicia Confidencial,
- GCiencia
- XornaldaCoruña
- Obarbanza.gal
- Codigocero
- PNO Ponte nas Ondas
Toda a información en www.mediosengalego.gal.