Martes. 07.04.2020
El tiempo

Os "selfies" no banco de Touriñán teñen premio

Os "selfies" no banco de Touriñán teñen premio
Os participantes deberan facer un "selfie" co último raio de sol no banco do cabo Touriñán Os participantes deberan facer un "selfie" co último raio de sol no banco do cabo Touriñán A asociación "Muxía Turismo Rural" acaba de poñer en marcha un concurso de selfies baixo o lema #MiSelfieenelMejorBancodelMundodeTouriñan. Este concurso nace para poñer en valor un fenómeno natural que se produce en Touriñan durante o solsticio de primavera, que transcorre entre o 20 de marzo e o 25 de abril. Aquí, segundo indica o baiés Jorge Mira nun dos seus estudos, rexístrase o último raio de sol de Europa. Así que o premio será para a mellor foto de estilo "selfie" sacada dende o banco do Cabo Touriñán. Os participantes deben publicar a imaxe na páxina de Facebook de Muxía Turismo Rural ademais de enviala ao enderezo electrónico [email protected] indicando o nome do participante, teléfono móvil e cubrindo o formulario. O concurso comeza o vindeiro 20 de marzo e remata o 25 de abril. Un xurado formado por fotógrafos profesionais da Costa da Morte (Marcos Rodríguez, Xesús Búa e Cristrian Trillo) elixirán as mellores imaxes segundo o seu criterio. Premiarán as catro mellores fotos cunha fin de semana en cada un dos establecementos asociados a Muxía Turismo Rural, todos certificados coa Q de Calidade. Máis información en www.muxiaturismorural.com   Novas relacionadas Fonte

comentarios