Os traballadores do Concello de Camariñas contra os recortes de Europa


Pola defensa dos servizos publicos vai esta imaxe que se botaron os traballadores do Concello de Camariñas, no marco da campaña europea que lanza CCOO "Fai fotos no teu posto de traballo contra a austeridade e por outra Europa".
"No to austeriry", "No to cuts" son as frases dos carteis cheos de cor que os traballadores queren resaltar nestas imaxes en branco e negro. Nunha campaña que chega no medio da marea en contra das políticas do goberno en varios casoso, dende os recortes sanitarios”, pasando pola polémica reforma da administración local ou a manida LOMCE.
Onte remataba o prazo para que os traballadores de calquera centro público enviasen as súas imaxes de protesta e seguro que foron centos de funcionarios e persoal laboral os que enviaron as súas fotos en símbolo de protesta contra a austeridade e os recortes que impón a "Señora Europa".
Máis información
Novas relacionadas
- O BNG da Costa da Morte tamén loita contra a reforma da administración local.
- A comunidade educativa prepara a folga total contra a LOMCE.
- “Non ao recortes sanitarios”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).