Luns. 06.05.2024
El tiempo

A comunidade educativa prepara a folga total contra a LOMCE

A comunidade educativa prepara a folga total contra a LOMCE
Escola Pública para tod@s

Toda a comunidade educativa de Galicia para mañá, xoves 24 de outubro, para protestar contra unha lei que só concibe o grupo de goberno que a implanta. Unha lei que chega sen consenso político, e moito menos social, e que, sobre todo, non conta coa opinión dos afectados, a comunidade educativa.

A LOMCE foi aprobada hai apenas un par de semanas e o país enteiro está disposto a botala abaixo. I é que non se trata dun asunto baladí, falamos da educación, do futuro dos nosos fillos, do noso país.

Os adxectivos son abondos sobre esta lei: reaccionaria, centralista, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antigalega, antidemocrática, confesional, que incrementa as desigualdades, impide a formación das novas xeracións, expulsa do ensino, a través das reválidas, ao alumnado das familias con menos recursos... E poderíamos estar un bo rato describindo as queixas da sociedade contra ela.

Nunha antes unha Lei unira tanto á comunidade educativa, que desta volta, a bloque, vai deixar os bolígrafos e vai alzar a voz. Mañá faremos balance do seguemento da folga polos centros da zona, e compararemos os datos cos que nos dará a propia Xunta e o propio Goberno Central, pero polo visto ata o de agora serán cifras verdaeiramente alarmantes.

Cartaz da manifestación contra a LOMCE na Costa da Morte

Xa recibimos mensaxe da Federación de Anpas da Costa da Morte (Fedanpas), integrada na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, pero é que ata as propias as ANPAS da zona Sur (concellos de Fisterra e Cee) fixeron chamamento propio para secundar a folga.
E o fan xa que hai centros nos que non existe unha anpa formalizada, e non todas as direccións están a facilitar a información ás familias, polo que convidan publicamente a nais, pais, alumnado e profesorado, e a toda persoa que crea no dereito a unha educación pública gratuíta e de calidade, a acudir á concentración que terá lugar o mesmo xoves 24, ás 11.30 na Praza 8 de marzo, en Cee, á dicir NON Á LOMCE.

Cee será un dos puntos céntricos da loita. O outro será Carballo, cando ás 11:30h diante da Praza do Concello ducias de colexios da comarca de Bergantiños porán clara súa visión crítica sobre a chamada "Lei Wert".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios