O paro na Costa da Morte achégase á cifra de xaneiro de 2009, a peor cifra da serie histórica

Segue a caída en espiral do emprego na Costa da Morte. Os datos publicados hoxe amosan o peor mes de Abril da historia, co récor da serie histórica: 632 parados novos, 238 só en Carballo.
Nun mes tradicionalmente alcista, con creación de emprego ao abrigo do turismo e a Semana Santa, este 2020 ofrece os peores datos da serie histórica e nalgúns concellos recórd da serie. En concreto, Carballo xuntou 238 parados novos nas listas do SEPE. Muros, que sumou 55, e Cee que xunta 45 desempregados mais, seguen a capital bergantiñán na lista negra.
En total, a bisbarra perdeu 632 empregos, anunciando o que vai ser un longo trimestre en materia de emprego. Non poder contar con datos abertos por concellos de ERTEs e ceses de actividade de traballadores por conta propia fai que descoñezamos cal é a situación real do emprego na bisbarra.
O parón total do sector hostaleiro augura que os próximos meses amosarán novas cifras históricas en materia de desemprego na bisbarra. Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, e sobre todo Fisterra se achegan perigosamente ao peor dato da serie histórica, en xaneiro de 2009, no peor momento da crise. A vila do Cristo está a únicamente 6 desempregados de xuntar a mesma cifra que naquel fatídico xaneiro.
ERTES en Galicia
|
ERTES |
PERSOAS TRABALLADORAS |
A Coruña |
13.894 |
65.624 |
Lugo |
4.138 |
15.340 |
Ourense |
4.263 |
17.971 |
Pontevedra |
12.574 |
81.995 |
Servizos Centrais |
1.033 |
20.503 |
Estatal |
- |
32.397 |
TOTAL |
35.902 |
233.830 |