Luns. 06.05.2024
El tiempo

Paseniño busca axudas para realizar o seu proxecto de axuda á nen@s con Necesidades Especiais na Costa da Morte

Terapias pasenino
Paseniño busca axudas para realizar o seu proxecto de axuda á nen@s con Necesidades Especiais na Costa da Morte

A Asociación Paseniño está buscando cofinanciamento para desenvolver dous proxectos importantes na Costa da Morte. 

O primeiro proxecto trata sobre realización de terapias especializadas a nenos e nenas con necesidades especiais, ten como obxectivo fomentar súa autonomía tanto no entorno familiar como na comunidade, promover a participación nas actividades da comunidade, ofrecer recursos e habilidades para unha mellor inclusión a todos os niveis e facilitar o acceso a terapias a todas as familias, especialmente a aquelas en situación de risco ou exclusión social.

En canto ó programa de investimento (FOIE/2024) facilitará a xestión, coordinación e desenrolo das terapias por medio dun programa de xestión de asociacións, un teléfono móbil para a comunicación e xestión do proxecto e unha tablet para facilitar a comunicación e autonomía dos nenos e nenas con necesidades.

Para ambos proxectos, a entidade conta co apoio da Deputación da Coruña, que aprobou, por unha banda, unha subvención de 4.632 € con cargo ó FOAXE 2024 para a posta en marcha de terapias de rehabilitación; e por outra 565 € (FOIE 2024) para mercar o investimento necesario para levar a cabo o proxecto.

Pero a entidade necesita máis financiamento. Actualmente a entidade está buscando cofinanciamiento para este proxecto, posto que o importe total do mesmo é de 15.240 €, a entidade pode aportar 3.048 € e a Deputación 4.632 € pero precisa de 7.559 € para levar a cabo o proxecto durante os 12 meses inicialmente plantexados para que este teña os resultados esperados. Nestes momentos mantén reunións con distintos concellos da zona para chegar a ese obxectivo. A entidade tamén está aberta a colaboracións persoais ou de empresas privadas.

Comentarios