Venres. 03.05.2024
El tiempo

A patronal turística sitúa nun 97% a ocupación media no mes de agosto na Costa da Morte

Mapa da Costa da Morte
Fotos de Jesús Búa con visitantes disfrutando do mapa de APTCM
A patronal turística sitúa nun 97% a ocupación media no mes de agosto na Costa da Morte

A Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) vén de facer valoración da ocupación no mes de agosto, e calcula que estivo rondando o 97% de media para os aloxamentos e a restauración, eun 70% no caso de empresas de actividades. Unhas cifras semellantes ás esperadas a comezos de verán Faino analizando os datos dunha enquisa realizada aos seus socios, da que saen cifras como que a media de días de aloxamento para o mes de agosto foi de entre 5 e 7 días de estancia.

A porcentaxe de viaxantes estranxeiros en relación a outros destinos foi neste mes de agosto do 38% de media segundo os datos aportados polos socios.

Previsión

Na previsión que se ten para o mes de setembro en canto a ocupación o sector prevé de media en xeral unha porcentaxe de entre un 62% a un 80% dependendo do tipo de aloxamento sendo mais optimistas os hoteis e Parador, que os VT, Casas de Turismo Rural etc. No caso das empresas de Turismo activo a previsión para setembro establece unha porcentaxe media do 70%.

Cabe matizar que segundo comentarios en canto a previsión para o mes de setembro que “non e un mes onde o visitante reserve con tanta antelación como nos meses de xullo e agosto” polo que cómpre que esperar a finalización para poder obter datos efectivos por sectores.
Outro dos obxectivos e a de dar información baixo o paraugas dun modelo de “transparencia” coa maior fiabilidade e exactitude posible.

O Mapa

Un dos feitos relevantes deste verán foi a entrega do mapa turístico realizado por APTCM coa axuda de Xan Fdez. Carrera. Ddispoñibles en oficinas de información turística da Comarca que o solicitaron e na www.visitacsotadamorte.com, onde se se pode descargar o mapa onde xa figuran todos os socios de APTCM.
”Se tes unha empresa de ámbito turístico e queres figurar neste mapa, só tes que sumarte á asociación APTCM (Asociación de empresarios turísticos da Costa da Morte). Terás acceso a mapas para darlle aos teus clientes e participarás nas iniciativas que estamos organizando para desestacionalizar, unificar e publicitar a nosa comarca” apunta Pepe Formoso. Mais info: 639 54 60 11 e [email protected].

Comentarios