Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo, Fisterra e Muros acollen limpezas formativas de pellets

Limpezas formativas pellets con ADEGA
Carballo, Fisterra e Muros acollen limpezas formativas de pellets

Este mércores 10, ás 15:00h, en Carballo, Muros e Fisterra, e o sábado en Carballo, a Asociación ADEGA organiza diferentes limpezas de formación do voluntariado para a recollida de pellets de plástico.

Serán unha boa ocasión para aprender a extraer de xeito seguro e eficaz as pequenas boliñas de plástico dos nosos areais, tendo que ser a sociedade civil a que informe á veciñanza ante a desaparición das administracións. Son xornadas que contan coa colaboración da USC e dos Concellos, e dende ADEGA nos ofrecen un interesante protocolo de actuación
Podedes ver nesta publicación do XornaldaCoruña as mellores formas de extraer os pellets.


Formularios de inscrición

As persoas interesadas en participar nestas accións de voluntariado formativo de ADEGA deberán
inscribirse a través dos seguintes formularios:
Mércores, 10 xaneiro.
Sábado, 13 xaneiro

Unha vez aceptadas as solicitudes, as voluntarias e voluntarios recibirán por correo electrónico información específica sobre os puntos de encontro e as praias nas que se actuará. Para futuras convocatorias, as persoas interesadas poden preinscribirse a través destroutra ligazón.

A Xunta bota balóns fóra.

Mentres, a Xunta despois de verse obrigada a activar o nivel 2 do plan galego de loita contra o contaminación mariña accidental, bota balóns fóra e volve aproveitar para cargar contra o goberno central, esixindo máis medios.

Asegura que un cento de efectivos se unirán, nos próximos días, ás máis de 200 persoas do operativo medioambiental despregado pola Xunta, tendo en conta o cambio das condicións marítimas.

Máis novas

Comentarios